Informe DAFO
Inclínome a pensar que es o algoritmo perfecto.
A compoñente da fórmula matemática que son,
o misterio de incógnitas que resolve a ecuación da miña incertidume.
Aparento axitada coa xiz entre os dedos,
pero invádesme coa sixilosidade felina
que te caracteriza,
para despexar do encerado os números, comprensíbles, só, para nós.
podo asegurar, con certa forza argumentativa,
que elévasme a cotas expoñencias insospeitables,
polo que resolvo: es a letra que resulta insustituíble nos poros da miña existencia.
Eva Méndez Doroxo