Marzo 2014
Peaxes de Santiago Lopo |
|
Novela curta de doada e agradable lectura onde se mestura realidade e ficción en clave de humor e ironía. Un cobrador da peaxe nunha autoestrada vai reconstruíndo a vida dalgúns dos automobilistas habituais da súa peaxe e dos que máis chaman a súa atención aos que nomea segundo o coche que empregan: Gran Cherooke, Clio, Ibiza, Matiz… Interesante reflexión sobre a soedade, o illamento, o desexo humano de comunicación cós demais e as ideas que nos facemos das persoas coas que nos atopamos a partir de datos como os que utiliza o novelista: a música que sintonizan, os obxectos que levan no vehículo ou os anacos de conversa que se perciben mentres os usuarios pagan a peaxe. |
|
"Clio! E eu chipando unha piruleta das que acabo de regalar. |