Skip to Content

DÍA DE ROSALÍA

Como todos os anos o pasado 23 de febreiro, celébrase o día de Rosalía. Este ano no IES Salvador de Madariaga dentro das actividades programadas fíxose un concurso de pegatinas. A gañadora foi Inés Keyán Freire. Aquí unha mostra do seu esplendido traballo.

 

 

https://drive.google.com/file/d/19MHW6ZZQ1SxOoDC8T9wvPT3fBGak6Xi-/view?usp=sharing

CONCURSO DE SOBREMESAS

1º premio: Irene Sánchez Ruso (2º ESO A)
2º premio: Rodrigo Montes Zara (1ºBACH A)
3º premio: Adrián Robleda Pose (1º ESO B)
 
 
 

Proceso de admisión (novas)

 

Todas as solicitudes de reserva dos centros adscritos foron admitidas. O período de matriculación será según plazos establecidos.

Solicitude de admisión Ordinaria:

  • On-line preferentemente con chave365 ou certificado dixital.

  • Presencial na Secretaría do Centro

O prazo para a presentación das solicitudes ordinarias (ED550B) é do 1 ao 20 de marzo de 2024.

 

No caso de ser precisa a baremación nalgún nivel por non haber suficientes prazas para a solicitude o día 21 de marzo se publicará a listaxe co número aleatorio asignado no caso de que non se lle puidese dar no momento da solicitude presencial.

 

Por este mesmo medio informarase das prazas dispoñibles no centro para os diferentes niveis.

 

Deberá ser acompañada da documentación acreditativa precisa (libro de familia, sentenza de separación, documentación acreditativa de alumnado con necesidades educativas específicas, matrícula en Conservatorios de Música e Danza….)

 

Instruccións xerais 2024/2025

 ED550B-C-20222023 castelán

ED550B-G-20222023 galego

Manual de Usuario

Vacantes 24-25

 

IV ENCONTRO DE COROS ESCOLARES

Este mércores, 15 de febreiro no Conservatorio Profesional de Música de A Coruña co patrocinio de Asomúsica, e organizado polo IES Afonso X O Sabio de Cambre,  varios institutos da Comunidade fixeron un concerto-convivencia para amosar as súas competencias artísticas e desfrutar de facer música todos xuntos.  Participaron o IES Afonso X O Sabio de Cambre, O IES María Casares de Oleiros, O IES Arcebispo Xelmirez I de Santiago, O IES de Transancos de Narón, O IES de Ortigueira e O IES Salvador de Madariaga de A Coruña. A experiencia encima do escenario e como espectador foi moi fructífera e positiva,  ademáis do fermoso resultado.

 

 

 

VISITA Á EXPOSICIÓN DE STEVEN MEISEL

O alumnado de Cultura Audiovisual de 1º de Bacharelato foi visitar a Exposición de Steven Meisel 93, un ano de fotografías no Porto da Coruña o pasado 16 de xaneiro de 2023.  Tras a visita guiada  polas fotografías da Exposición, no plató, cun fotógrafo profesional, coñeceron e practicaron técnicas de proxección e iluminación na fotografía de Moda. 

 

https://meisel93-coruna.com/es

 

 

 

 

 

CANCIÓN (ES) DE NAVIDAD

Os días 21 e 22 de decembro o alumnado do IES Salvador de Madariaga de primeiro de bacharelato das materias de coro e artes escénicas, xunto cunha ampla representación de alumnado da ESO, celebraron e protagonizaron un festival de Nadal para despedir o ano e rematar o trimestre. O alumnado fixo grandes aportacións musicais e dramáticas dando boa conta de todo o seu potencial artístico.

 

 

 

 

VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES

O pasado 21 de decembro os alumnos e alumnas de segundo de bacharelato da materia Fundamentos da Arte, fixeron unha visita guiada ao Museo de Belas artes da Coruña.

FELICITACIÓN DE NADAL

O IES Salvador de Madariaga deséxavos unhas boas festas de Nadal

 

#OSMONUMENTOSFALAN

#osmonumentosfalan é un proxecto educativo, iniciado durante o primeiro trimestre do presente curso, polas alumnas e alumnos de Xeografía e Historia de 2º da ESO A do IES Salvador de Madariaga. Utilizando de forma gratuita a app "ChatterPix", disponible tanto para sistema Ios como Android, as alumnas  e alumnos escolleron unha obra artística representativa, vista no temario durante o primeiro trimestre, puxéronlle voz e comentaron a obra nun minuto aproximadamente.

Con esta aplicación pódese poñer voz a calquera personaxe, animal, obxecto inanimado...o que queiramos. A parte de pasar un rato divertido, serviunos para desenvolver a competencia lingüística e a competencia dixital, xa que tiveron que interactuar co ordenador, descargar archivos e grabar voz. Esta app, pode ser válida tamén para a aprendizaxe de idiomas ou a comprensión de calquera contido curricular. Tamén con esta actividade puxemos en práctica a creatividade e a autonomía.
Seguidamente pódense ver os traballos realizados polas alumnas e alumnos de  Xeografía e Historia, que  están colgados no seguinte enlace que nos leva directamente a un Padlet.
 

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

O pasado xoves día 3 de novembro a ANPA organizou no centro un magosto onde toda a comunidade educativa puido comer as tradicionais castañas. Alén diso, e coa celebración recente do Samaín, o EDLG xunto coa Biblioteca do centro organizaron un contacontos no que diferentes alumnos e alumnas do EDLG puideron contar catro historias de medo.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut