O prazo de presentación das solicitudes de participación no Fondo solidario de libros de texto e de axudas para o material escolar será do 20 de maio ao 21 de xuño.
Pódense presentar a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia (procedemento recomendado) ou na Secretaría do Instituto en horario de 9:00 a 14:00.
- Máis información na Aplicación FondoLibros.
- Modelos de impresos Anexos I e II
- Documentación necesaria
- Preguntas frecuentes
- Devolución de libros do curso 2021-2022: día 20 de xuño na Biblioteca no seguinte horario:
De 09:00 a 10:30 : 3º ESO
De 10:30 a 12:00 : 4º ESO
Só se entregan en Bilblioteca os libros prestados pola Xunta, xestionados pola Secretaría do Centro.
Publlicación listaxes provisionais: 12 de xullo.
Prazo de reclamacións: días 13 e 14 de xullo.
Publicación listaxes definitivas: 26 de xullo.
Vales de material
Os vales de material xa asignados poderanse recollerse na secretaría do centro .
Os cheques entregaranse á persoa solicitante, tras comprobar DNI, ou persoa maior de idade que traia a autorización de recollida de documentos, disponible no enlace Impresos na sección Secretaría desta páxina.