Skip to Content

MELLORES EXPEDIENTES ABAU 2023

Cinco dos mellores expedientes das ABAU 2023 son alumnas do noso centro. Parabéns polo voso esforzo e resultados.

ACTO STEMBACH

O xoves 15 de xuño tivo lugar no Paraninfo da UDC, o acto de entrega dos certificados de STEMBACH, entre os que se encontraban catro dos nosos alumnos. Parabéns a Erea, Yoel, Miguel Darío e Fernando.

 

 

ACTO DE GRADUACIÓN DE 2º DE BACH 2023

O pasado venres 26 de maio, no centro Ágora, o alumnado de 2º de bacharelato foi o auténtico protagonista. Celebrouse a Gala de graduación de fin de curso, collendo folgos para presentarse ás probas de ABAU. O acto consistiu en lectura de discursos por parte da directora María Gromaz de los Santos, dos delegados de grupo, actuacións musicais e entrega de diplomas e bandas conmemorativas.

 

II GALA CINEMA NA ESCOLA 2023

 

O pasado mércores 24 de maio celebrouse a II Gala de Cinema na Escola, no centro Ágora. Todo o alumnado da ESO participante no programa puido disfrutar da entrega de premios por categoría. O noso proxecto "O Coleccionista", realizado e protagonizado polos alumnos e alumnas de 2º da ESO A,  finalmente levou dous premios, o de mellor son e o premio do público, e algunha mención.

 

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=NbSXiFNqLt8

BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVOS

 

CURSO 2023/2024

 

 

PRAZO DE SOLICITUDE:

 

Do 8 de maio ao 20 de setembro

 

 

Toda a información en:

 

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo

 

 

A presentación de solicitudes debe facerse a través da

Sede electrónica do Ministerio de Educación

e posteriormente entregala, xunto coa documentación pertinente, no Centro Educativo.

 

DÍA DA MULLER

"O pasado 8 de marzo celebramos o Día da muller. Para iso, algúns dos alumnos/as que forman parte do Equipo de Dinamización da Lingua Galega prepararon e realizaron unha entrevista a unha das mulleres do noso instituto: María Gromaz, a directora. Esta entrevista está dentro da actividade "As mulleres do noso instituto: o seu día a día", onde no curso pasado participou unha das limpadoras do centro e coa que continuaremos o vindeiro ano. Podedes escoitar o que ela nos contou no seguinte enlace:"

 

 

https://drive.google.com/file/d/1f5PjbeQOEEj4z8GOnVfqCgzatAxtqNUR/view?usp=sharing

Información recurso de reposición bolsas de estudo Convocatoria 22-23

Información sobre presentación recurso de reposición de bolsas de estudo do curso 2022/2023, convocatoria xeral, para aqueles/as alumnos/as que non aparezan nas listaxes definitivas, lles fora denegada a bolsa ou non estean dacordo coa contía teñen aberta a posibilidade interpoñer o devandito recurso.

 

HOMENAXE A LUZ POZO GARZA (1922-2020)

Con motivo da celebración do día da poesía, este ano o alumnado de 4º da ESO do IES Salvador de Madariaga, organizaron xunto co Departamento de Dinamización Lingüística e a materia de coro, unha homenaxe a Luz Pozo Garza. Nela interviron o alumnado de coro, ademais recitaron poesía e tamén contamos coa filla da homenaxeada, Luz Vázquez Pozo, profesora de inglés do IES.

 

https://drive.google.com/file/d/1qukoMey29wB44vzQK-VmwE6KgsugaT4U/view?usp=sharing

 

Becas e axudas a alumnos/as de niveis postobrigatorios Curso 2023-2024

Becas e axudas a alumnos/as de niveis postobrigatorios

Curso 2023-2024

 
Prazo de presentación de solicitudes:ABERTO dende o 27 de marzo de 2023 ata o 17 de maio de 2023
 

A convocatoria publicouse o 17 de marzo de 2023

Toda a información sobre esta convocatoria poderás atopala en

Portal de BECAS de EDUCACIÓN 

A presentación de solicitudes debe facerse a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.

 

160º ANIVERSARIO DO INSTITUTO DE ENSINANZAS MEDIAS DA CORUÑA

Durante este curso académico 2022-2023, celebramos o 160º aniversario do Instituto de Ensinanzas Medias da Coruña. Con este motivo faranse diversas actividades programadas xunto co IES Eusebio da Garda.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut