Skip to Content

PROCLAMACIÓN PROVISIONAL RESULTADOS VOTACIÓNS CONSELLO ESCOLAR

SECTOR PROFESORADO

  • electores: 53
  • votantes: 45
  • papeletas nulas: 2
  • papeletas en branco: 3

CANDIDATURAS ELIXIDAS

  • Rodrigo García-Muñoz Vaquero : 31
  • María Dolores Pardo Vázquez: 30
  • María Gromaz de los Santos: 28
  • María Jesús Pico Delgado: 22

SECTOR ALUMNADO

  • electores: 578
  • votantes: 469
  • papeletas nulas: 5
  • papeletas en branco: 11

CANDIDATURAS ELIXIDAS

  • Candela Pérez González: 212
  • Adela Rodríguez Espiñeira: 72

CANDIDATURAS NON ELIXIDAS

  • Emma Figueroa Pazos: 67
  • Nerea Gerpe Álvarez: 64
  • Vega Pérez Lourido: 54

SECTOR PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS

  • electores: 935
  • votantes: 32
  • papeletas nulas: 1
  • papeletas en branco: 0

CANDIDATURAS ELIXIDAS

  • Sonia Núñez Desiré: 7
  • Eva María Torrejón Roca: 5
  • Ruth López Durango: 5

Empates resoltos de acordo co establecido no artigo 50 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos de goberno dos centros públicos de ensino non universitario, segundo a nova redacción dada polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria.

CANDIDATURAS NON ELIXIDAS

  • Jacinto Álvarez Somoza: 4
  • Sonia Balugo Andrade: 1
  • Lucía Fernández Caamaño: 0
  • Lourdes Fernández Parajes: 4
  • Elisabeth García Carro: 0
  • Silvia García Saavedra: 2
  • María Eugenia Suárez González-Vallés: 1
  • Cristina Torrejón Roca: 2 

O 25 de novembro reunirase a Xunta Electoral para a proclamación e publicación da listaxe de candidatos electos dos diversos sectores.

O Presidente da Xunta Electoral

Francisco Canoura Quintana

ACCESO PROENS

 

No seguinte enlace pódese acceder á consulta das PROGRAMACIÓNS do curso 2024-2025

O código do centro é : 15005211

VÍDEO EVACUACIÓN BOMBEIROS DA CORUÑA

Vídeo informativo sobre unha evacuación dun centro educativo, polos Bombeiros da Coruña.

https://youtu.be/gMIu0WZx00g

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

Constituida a Xunta Electoral o día 24 de outubro ás 11:00h, e segundo a normativa, esta procede a:

1. Aprobar e publicar os censos electorais (dispoñibles na Secretaría do centro para consulta). Prazo límite para presentación de reclamacións: 14 de novembro (ata as 14:00 horas), mediante escrito dirixido á Xunta Electoral.

2. Concretar o calendario electoral:

18 de outubro

Sorteo público para a constitución da Xunta Electoral

24 de outubro

Constitución da Xunta Electoral. 1ª reunión Xunta

30 de outubro

Aprobación dos censos electorais dos distintos sectores

31 de outubro ao 6 de novembro

Publicación dos censos electorais e período de reclamacións aos censos.

Do 1 ao 8 de novembro

Admisión de candidaturas

11 de novembro

Proclamación das candidaturas presentadas. Segunda reunión da Xunta electoral. Resolución de reclamacións se as houbera. Sorteo dos membros das mesas. Confección de papeletas.

14 de novembro

Reclamación á proclamación de candidatos

19 de novembro

Votacións para todos os sectores

25 de novembro

Reunión da Xunta Electoral para proclamar e publicar a listaxe de candidatos electos dos diversos sectores. Convocatoria para a constitución do novo CE.

5 de decembro

Constitución do novo CE

Referencias legais:

Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Circular nº 1/98, do 2 de setembro, da D.X. e Inspección Educativa pola que se aclaran posibles dúbidas en relación co proceso de elección, composición e constitución dos órganos de goberno dos centros públicos.

Circular nº 18/00 pola que se completa a circular nº 1/98 pola que se aclaran posibles dúbidas en relación co proceso de elección, composición e constitución do órganos de goberno dos centros públicos.

Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario

Decreto 324/1996 do 26 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria

MICE 2024

MICE 2024

Mostra Internacional Cinema Educatiu

O equipo de producción da MICE, acábanos de comunicar que  gañamos un dos premios da MICE. A nosa curtametraxe "Destino Real" foi seleccionada como gañadora a nivel estatal. Noraboa ao alumnado participante de 3º da ESO durante o pasado curso 23-24 e a todo o profesorado implicado no programa educativo.

 
  • Cortometraje ganador: destino real
  • Sección: MICE ESTATAL. SECUNDARIA
  • Premio: Jurado profesional

 

   

        

 

https://drive.google.com/file/d/1QRmsnGYLzxQVnss2q9JDoDTdTrXR9hND/view

 

BECAS NEAE

Recordamos que hoxe remata o prazo de solicitude das becas NEAE.

ABAU 2024

Despois de finalizar a convocatoria ordinaria das ABAU 2024, o IES Salvador de Madariaga acadou unha media a nivel galego de 7,210, pasando a formar parte dun número importante de centros galegos e da provincia da Coruña que acada unha media superior ao 7. Isto significa que os bos resultados se confirman tanto a nivel comunitario como provincial e sobre todo a nivel de centros. NORABOA a TODOS e TODAS!

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/selectividad/2024/06/20/abau-2024-centros-gallegos-mejores-notas/00031718901687350668953.htm?utm_source=whatsapp&utm_medium=referral&utm_campaign=share&utm_content=00031718901687350668953

ACTO DE GRADUACIÓN 2º DE BACH 2024

O pasado 24 de maio, no Paraninfo da Universidade, celebramos toda a comunidade educativa do IES Salvador de Madariaga, o acto de graduación de 2º de bacharelato. No evento, léronse discursos, houbo actuacións musicais e rematou cantando todos xuntos o himno galego coa participación do Coro do instituto.

NORABOA A TODAS E TODOS!!!

 

https://drive.google.com/file/d/151hwL466QMUy6cMImtYbugF5xVRU7fmE/view?usp=drive_link

CELEBRACIÓN DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hai unhas semanas celebramos no noso centro o Día das letras galegas. Este ano, a persoa homenaxeada foi Luísa Villalta que destacou pola súa produción literaria en lingua galega, así como pola defensa da nosa lingua.

Dirixido polo EDGL e coa colaboración do departamento de música, realizamos unha pequena conmemoración deste día no interior do instituto á que asistiu toda a comunidade educativa. Nela explicamos quen foi Luísa Villalta, lemos algún dos seus poemas e o coro interpretou cancións como “Sementeira”, “A Luísa” ou o Himno galego.

Do mesmo xeito, catro membros do EDLG asistiron ao Paraninfo á celebración que fixo a Universidade da Coruña deste día, onde leron un dos poemas da obra En concreto de Villalta.

https://www.youtube.com/watch?v=pk5Kml06p6E

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA, BIBLIOTECA MUNICIPAL DOS ROSALES

O día 23 de abril, Día do Libro, fíxose entrega, no Salón de actos do centro, dos premios do Concurso de fotografía, convocado pola Biblioteca municipal de Los Rosales, para o alumnado de 3º da ESO. O concurso consistía en elaborar unha fotografía alusiva á lectura ou a obras literarias.

Os premiados foron: Martín Veiga Fidalgo de 3º A que recibiu o 3º premio; María Carreira Galán e Ángela Mourelle López de 3º C, que recibiron conxuntamente o 2º premio, e un 1º premio para o grupo formado por José Bermúdez Rodríguez; Javier Andrés González Campos e Heyker Rodríguez Uzcategui, de 3º C.

As fotografías de todos os participantes están expostas na Biblioteca municipal durante un mes a partir do día 23 de abril.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut