Skip to Content

#OSMONUMENTOSFALAN

#osmonumentosfalan é un proxecto educativo, iniciado durante o primeiro trimestre do presente curso, polas alumnas e alumnos de Xeografía e Historia de 2º da ESO A do IES Salvador de Madariaga. Utilizando de forma gratuita a app "ChatterPix", disponible tanto para sistema Ios como Android, as alumnas  e alumnos escolleron unha obra artística representativa, vista no temario durante o primeiro trimestre, puxéronlle voz e comentaron a obra nun minuto aproximadamente.

Con esta aplicación pódese poñer voz a calquera personaxe, animal, obxecto inanimado...o que queiramos. A parte de pasar un rato divertido, serviunos para desenvolver a competencia lingüística e a competencia dixital, xa que tiveron que interactuar co ordenador, descargar archivos e grabar voz. Esta app, pode ser válida tamén para a aprendizaxe de idiomas ou a comprensión de calquera contido curricular. Tamén con esta actividade puxemos en práctica a creatividade e a autonomía.
Seguidamente pódense ver os traballos realizados polas alumnas e alumnos de  Xeografía e Historia, que  están colgados no seguinte enlace que nos leva directamente a un Padlet.
 


page | by Dr. Radut