O IES Ribeira do Louro fai pública a presente convocatoria provisional de axudas para a Mobilidade de persoal impartindo clases nun ciclo formativo de grao superior, no marco do Programa Erasmus+ KA107 para países asociados. Está aberta tamén a cargos directivos e outros cargos vinculados co ensino en ciclos superiores. Trátase de Mobilidades de persoal entre países do programa e países asociados, que se xestionan a través do Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE).
En base ao sinalado no apartado anterior, e coas condicións sinaladas, convócanse as seguintes mobilidades.
A. Mobilidades de fluxos xa aprobados:
País
|
Organización Receptora
|
Becas aprobadas
|
Tunez
|
University Of Sousse
|
1 beca de 10 días
|
O persoal seleccionado recibirá unha axuda económica para sufragar os custos de manutención durante o período de mobilidade, así como outra axuda económica para sufragar os custos de viaxe, segundo especifícase a continuación:
· Gastos de aloxamento e manutención: 180 euros diarios.
· Gastos de desprazamento: 275 euros.
As datas da realización da beca a Túnez serán do 14 de decembro ó 23 de decembro do 2018.
Previamente á realización das bolsas deberá estar tramitada toda a documentación pertinente.
No caso de que haxa máis solicitudes que bolsas, as bolsas serán asignadas en base aos criterios recollidos na solicitude do proxecto, que inclúe os seguintes:
ü Anos de traballo no centro: ata 20 puntos
ü Coñecemento da lingua de traballo da mobilidade (mínimo A2): ata 20 puntos
ü Experiencia en proxectos de mobilidade internacional: ata 10 puntos
ü Experiencia no desenvolvemento de proxectos educativos de cooperación, metodoloxías de formación ou desenvolvemento de colaboracións entre centros e empresas: ata 10 puntos.
ü Colaboración nos proxectos de mobilidade de estudantes: ata 20 puntos.
ü Existencia de relacións previas do solicitante con persoal dos centros de destino: 10 puntos.
ü En caso de beneficiario con algunha discapacidade: ata 10 puntos.
O persoal interesado en levar a cabo unha bolsa de mobilidade desta convocatoria, deberá enviar o anexo 1 cuberto ao email: international@ribeira.org non mais tarde do 14 de novembro de 2018.
As solicitudes serán avaliadas po un comité de selección que será constituído segundo proposta do equipo directivo do centro.
No Porriño, ao 8 de novembro de 2018.
A DIRECTORA
Juana Rosa Muñoz Ibernon
Descarga a solicitude no ficheiro adxunto