NORMATIVA REGULADORA
Decreto 254/2012, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, de educación. (DOG do 26 de decembro de 2012).
Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 15 de marzo de 2013).
ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG do 1 de febreiro de 2017).
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Desde o 1 ata o 20 de marzo de 2019
PRAZAS OFERTADAS
1º
|
ESO
|
18+ 9 NEAE
|
2º
|
ESO
|
11 PRAZAS
|
3º
|
ESO
|
18 PRAZAS
|
4º
|
ESO
|
7 PRAZAS
|
1º
|
BACHARELATO
|
10 PRAZAS
|
2º
|
BACHARELATO
|
32 PRAZAS
|
CENTROS ADSCRITOS
-
CEIP Antonio Palacios
-
CEIP da Cruz-Budiño
-
CEIP da Ribeira
-
CPR Santo Tomás
NOTA INFORMATIVA
-
ALUMNADO DO CENTRO (TEN GARANTÍA DE PERMANENCIA, NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE NESTE CENTRO).
-
No caso de que presente solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo ao mesmo tempo ao centro de orixe (IES Ribeira do Louro).
-
ALUMNADO PROCEDENTE DUN CENTRO ADSCRITO (CON RESERVA PRESENTADA NO SEU CENTRO DE ORIXE, NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE NESTE CENTRO )
O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
-
ALUMNADO SEN PERMANENCIA NIN RESERVA QUE PRESENTA SOLICITUDE DE ADMISIÓN (DO 1 AO 20 DE MARZO)
Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
-
Publicación das listaxes do alumnado admitido e non admitido:
-
Provisionais antes do 25 de abril, reclamacións 5 días dende a súa publicación
-
Definitivas antes do 15 de maio
PARA TODO O ALUMNADO
Prazo para formalizar a matrícula:
ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO:
Centros públicos adscritos de educación primaria por área de influencia:
Parroquia de Budiño
- CEIP ANTONIO PALACIOS:
-
Parroquia de San Salvador de Torneiros ata a vía do tren cara o casco urbano delimitada pola estrada PO-331 (O Porriño – Gondomar) incluíndo os barrios de A Relva, A Florida, A Mota, O Contrasto e A Abeleira e delimitada pola ruta de transporte escolar establecida na actualidade.
-
Por outra banda está formada cos límites establecidos polos polígonos residenciais 1, 2 e 5 da parroquia de San Rosendo de Torneiros.
- CEIP DA RIBEIRA:
-
Parroquias de Mosende, Pontellas e Chenlo.
-
Polígonos residenciais 3 e 4 da parroquia de San Rosendo de Torneiros.
Centros adscritos de educación secundaria: