Novas
CONVOCATORIA ERASMUS PARA PERSOAL DO CENTRO
No arquivo adxunto pódese consultar a convocatoria de 2 bolsas de mobilidade Erasmus+ KA131 para o persoal docente do IES Ribeira do Louro.
CAMBIO NA DATA DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
As votacións para elixir representantes no Consello Escolar terán lugar o día 20 de novembro. Achegamos como arquivo adxunto o calendario modificado.
CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS PARA O CONSELLO ESCOLAR 2024
Estimada comunidade educativa:
No día de hoxe quedan convocadas as eleccións 2024 para a renovación parcial do Consello Escolar do noso centro. Os representantes a renovar son 4 profesoras/es, 2 nais/pais/titores legais, 2 alumnas/os e 1 PAS. Os censos electorais están publicados dende esta mañá no taboleiro da Secretaría do centro, con prazo de reclamacións dende hoxe ata o día 8 de novembro. As persoas que o desexen poden presentar a súa candidatura a representante do sector que corresponda entregando na Secretaría o impreso de presentación de candidatura ou enviándoo asinado ao e-mail do noso centro (ies.ribeira.louro@edu.xunta.gal). O prazo para presentar candidatura comeza o día 30 de outubro e finaliza o 11 de novembro. A xornada de votacións para todos os sectores terá lugar o xoves 21 de novembro no noso centro.
Poden consultar o resumo do calendario das eleccións no documento adxunto.
Un cordial saúdo,
O equipo directivo.
Edixgal: Díptico Informativo coas instrucións para activar a cobertura ante reparacións e danos accidentais dos equipos.
Enlazamos PDF con información sobre a cobertura de reparacións e danos accidentais dos equipos informáticos.
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO EN SECRETARÍA
Entre o 25 de setembro e o 9 de outubro a Secretaría do noso centro estará pechada polas tardes.
Polo tanto, o horario de atención ao público será entre as 9:30 e as 13:30.
Calendario de presentacións do día 11 de setembro para a ESO, Bacharelato e Ciclos
No PDF adxunto están as instruccións e o horario das presentacións do primeiro día de clase. Léedeo con atención.