Skip to Content

Pleno no Concello de O Porriño

Alumnado de 1ºESO do noso centro participou nun pleno na casa do Concello de O Porriño. Debatiron propostas, preguntaron á coorporación e votaron nunha sesión especial con motivo do Día Universal do Neno.

Preme na imaxe para ver a noticia na Televisión de Galicia

O xornal FARO DE VIGO fai tamén mención a este acto. Accede á nova dende aquí.

1º Premio "Educar nos Valores"

O equipo de teatro no IES Ribeira do Louro está de noraboa! Acadamos o primeiro premio na categoría "Educar en valores" dos Premios da xuventude da Deputación de Pontevedra, polo proxecto "Educando co teatro".

MOBILIDADE ERASMUS

Con referencia ás convocatorias de bolsas Erasmus+ publicadas o día 7 informamos que hai dous erros:

A mobilidade a Bosnia ten unha duración de 10 días

 

O importe da viaxe da mobilidade a Albania é de 360€

CONVOCATORIA DE MOBILIDADE PARA PERSOAL KA107

O IES Ribeira do Louro fai pública a presente convocatoria provisional de axudas para a Mobilidade de persoal impartindo clases nun ciclo formativo de grao superior, no marco do Programa Erasmus+ KA107 para países asociados. Está aberta tamén a cargos directivos e outros cargos vinculados co ensino en ciclos superiores. Trátase de Mobilidades de persoal entre países do programa e países asociados, que se xestionan a través do Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE).

 En base ao  sinalado no apartado anterior, e coas condicións sinaladas, convócanse as seguintes mobilidades.

      A.  Mobilidades de fluxos xa aprobados:

 ís

 

Organización Receptora

Becas aprobadas

Camboxa

Paññasastra University of Cambodia – Phnom Penh

7 becas de 7 días

Albania

Marin Barleti University

6 becas de 7 días

 

 O persoal seleccionado recibirá unha axuda económica para sufragar os custos de manutención durante o período de mobilidade, así como outra axuda económica para sufragar os custos de viaxe, segundo especifícase a continuación:

  -                  Gastos de aloxamento e manutención: 180 euros diarios.

 -                  Gastos de desprazamento: 1.500 euros.

As datas para a realización da beca a Camboia serán do 4 ó 8 de marzo de 2019. As mobilidades de Albania terán que realizarse nas seguintes datas:

  -                  Do 4 ó 8 de marzo de 2019

 -                  Do 22 ó 26 de abril 2019

 En todo caso, previamente á realización das bolsas deberá estar tramitada toda a documentación pertinente.

 No caso de que haxa máis solicitudes que bolsas, as bolsas serán asignadas en base aos criterios recollidos na solicitude do proxecto, que inclúe os seguintes:

 ü  Anos de traballo no centro: ata 20 puntos

 ü  Coñecemento da lingua de traballo da mobilidade (mínimo A2): ata 20 puntos

 ü  Experiencia en proxectos de mobilidade internacional: ata 10 puntos

 ü  Experiencia no desenvolvemento de proxectos educativos de cooperación, metodoloxías de formación ou desenvolvemento de colaboracións entre centros e empresas: ata 10 puntos.

 ü  Colaboración nos proxectos de mobilidade de estudantes: ata 20 puntos.

 ü  Existencia de relacións previas do solicitante con persoal dos centros de destino: 10 puntos.

 ü  En caso de beneficiario con algunha discapacidade: ata 10 puntos.

  O persoal interesado en levar a cabo unha bolsa de mobilidade desta convocatoria, deberá enviar o anexo 1 cuberto ao email: international@ribeira.org non mais tarde do 14 de novembro de 2018.  

 

 As solicitudes serán avaliadas po un comité de selección que será constituído segundo proposta do equipo directivo do centro.

 

No Porriño, ao 7 de novembro de 2018.

 A DIRECTORA

Juana Rosa Muñoz Ibernon

 

 Descarga a solicitude no ficheiro adxunto

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut