O equipo formado por Paula González Alonso e Samuel Lemos López de 2º de ESO B resultou premiado no III Concurso Aprendo Programando do ColexioProfesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia.
Traballaron durante todo o curso nun proxecto interdisciplinar na materia de libre elección de Programación. Consiste na creación dun xogo trilingüe relacionado co Patrimonio europeo e o resultado podedes velo na seguinte ligazón:
https://scratch.mit.edu/projects/222287381/
¡¡Animádevos e xogade!!
Houbo moitos máis xogos que non chegaron á categoría de premiados, pero tambén teñen moita calidade. Como é o caso do proxecto de Lucía Rodríguez e Marcos Estévez, tambén de 2º ESO e que podedes ver na ligazón:
https://scratch.mit.edu/projects/222287136/