Xeral |
|
|||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||
|
|||
Convocadas as axudas para distribución gratuíta de máscaras ó alumnado de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial dos centros educativos gallegos. ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E). ¿Quen opta a elas? 1. Se recibiches "cheque de material"... de xeito automático O alumnado que xa obtivo a axuda para material escolar (os 50€) xa as ten concedidas automaticamente, polo que non precisa solicitalas. Entregaranse a este alumnado cando se remate o proceso, aproximadamente nos primeiros días de decembro (se avisará). 2. As familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros. Poden solicitalas as familias que non tiveran a axuda de material escolar, tanto se pediu a axuda de libros ou non, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos pola orde. 3. Alumnado matriculado en Educación Especial Aquel alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou que teña unha discapacidade do 65% ou máis. O prazo para pedilas é.. Pódese entregar a solicitude no instituto entre o luns 16 e o venres 27 de novembro de 2020. Lembra que se tiveches a axuda de material escolar (os 50€) xa non tes que pedilas porque telas concedidas de xeito automático. Documentación a Cubrir... Neste enlace tes á orde da convocatoria no DOG se queres ler todos os detalles, e ó remate desta publicación tes a orde e os anexos a cubrir. Documentación a Entregar... Unha vez cuberta a documentación, toda ela se entregará na Secretaría do centro SEMPRE con CITA PREVIA, chamando o teléfono do centro 881 930 076. Entrega e Distribución das Mascarillas Unha vez rematado o proceso e mercadas as máscaras, iniciarase o reparto no propio centro. No mes de Decembro. Anunciaremos chegado o momento. |
|||
Máis información. |
|||