blogue desaizmata

Entrega Caixa Hiperbáric I.E.S. Punta Candieira

    

O luns 21 de decembro os alumnos participantes do Proxecto Hiperbárico "Discalzos Racing Team", fixeron a entrega da Caixa Hiperbárica á gañadora do Sorteo Hiperbárico: Eva Durán Bereijo co número 284.

Parabéns e a desfrutar do premio.

O equipo Discalzos Racing Team e o Profesorado do I.E.S. Punta Candieira quere agradecer a ampla e xenerosa colaboración, de todos aqueles que participaron tanto na elaboración da caixa como na compra de boletos e difusión do sorteo.

Sorteo Caixa Hiperbáric I.E.S. Punta Candieira

 

Con motivo do Sorteo da Caixa Hiperbárica, o número premiado foi o

284

Parabéns a/o afortunada/o do Sorteo. Temos todo xa preparado para que se leve o seu premio á casa (se quere).

O luns 21 de decembro do 2020 pola mañá se fará a entrega.

 

 

Pd: Pregamos ó/á ganador/a que veña cunha máscara máis...     imos botar moito a faltar o xamón.

Axudas e Distribución de máscaras para o alumnado

Convocadas as axudas para distribución gratuíta de máscaras ó alumnado de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial dos centros educativos gallegos.

ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

¿Quen opta a elas?

     1.      Se recibiches "cheque de material"... de xeito automático

O alumnado que xa obtivo a axuda para material escolar (os 50€) xa as ten concedidas automaticamente, polo que non precisa solicitalas. Entregaranse a este alumnado cando se remate o proceso, aproximadamente nos primeiros días de decembro (se avisará).

     2.      As familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros.

Poden solicitalas as familias que non tiveran a axuda de material escolar, tanto se pediu a axuda de libros ou non, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos pola orde.

     3.      Alumnado matriculado en Educación Especial

Aquel alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou que teña unha discapacidade do 65% ou máis.

O prazo para pedilas é..

Pódese entregar a solicitude no instituto entre o luns 16 e o venres 27 de novembro de 2020. Lembra que se tiveches a axuda de material escolar (os 50€) xa non tes que pedilas porque telas concedidas de xeito automático.

Documentación a Cubrir...

Neste enlace tes á orde da convocatoria no DOG se queres ler todos os detalles, e ó remate desta publicación tes a orde e os anexos a cubrir.

Documentación a Entregar...

Unha vez cuberta a documentación, toda ela se entregará na Secretaría do centro SEMPRE con CITA PREVIA, chamando o teléfono do centro 881 930 076.

Entrega e Distribución das Mascarillas

Unha vez rematado o proceso e mercadas as máscaras, iniciarase o reparto no propio centro. No mes de Decembro. Anunciaremos chegado o momento.

Distribuir contido