Novas |
Convocadas as axudas para distribución gratuíta de máscaras ó alumnado de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial dos centros educativos gallegos. ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E). ¿Quen opta a elas? 1. Se recibiches "cheque de material"... de xeito automático O alumnado que xa obtivo a axuda para material escolar (os 50€) xa as ten concedidas automaticamente, polo que non precisa solicitalas. Entregaranse a este alumnado cando se remate o proceso, aproximadamente nos primeiros días de decembro (se avisará). 2. As familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros. Poden solicitalas as familias que non tiveran a axuda de material escolar, tanto se pediu a axuda de libros ou non, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos pola orde. 3. Alumnado matriculado en Educación Especial Aquel alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou que teña unha discapacidade do 65% ou máis. O prazo para pedilas é.. Pódese entregar a solicitude no instituto entre o luns 16 e o venres 27 de novembro de 2020. Lembra que se tiveches a axuda de material escolar (os 50€) xa non tes que pedilas porque telas concedidas de xeito automático. Documentación a Cubrir... Neste enlace tes á orde da convocatoria no DOG se queres ler todos os detalles, e ó remate desta publicación tes a orde e os anexos a cubrir. Documentación a Entregar... Unha vez cuberta a documentación, toda ela se entregará na Secretaría do centro SEMPRE con CITA PREVIA, chamando o teléfono do centro 881 930 076. Entrega e Distribución das Mascarillas Unha vez rematado o proceso e mercadas as máscaras, iniciarase o reparto no propio centro. No mes de Decembro. Anunciaremos chegado o momento. |
|||
Xa temos campión do torneo de fútbol sala de segundo e terceiro da eso. Na foto están os finalistas que disputaron un gran partido o pasado luns día 3 de febreiro. Tras un partido moi axustado e disputado, gañóu por un gol de diferencia o equipo dos Chekos a Ultimeit Tim. Tras dous meses de partidos con 7 equipos inscritos e máis de 50 alumnos participantes estamos moi contentos cos resultados do torneo. Unha aposta do departamento de Educación Física e da dirección do centro para implementar accións de promoción da actividad física nos recreos. Parabéns a todos os participantes grazas polo voso comportamento e colaboración.
|
|||
A segunga quenda de alumnos visitou a pista de Xeo do Marineda City na Coruña. O xoves 30 de xaneiro acudimos nesta ocasión con 122 alumnos de segundo ciclo da eso e os alumnos de Bacharelato. Outra xornada deportiva e de convivencia que disfrutaron alumnos e profes acompañantes.
|
|||
NOTA IMPORTANTE PARA ALUMNADO QUE SOLICITA BECA MEC CURSO 2018/2019 AL HACER LA SOLICITUD NO APARECE COMO LOCALIDAD CEDEIRA, HAY QUE BUSCAR COMO LOCALIDAD ACEA |
|||
https://youtu.be/s3RdWjNXeBM - Instalacións Interiores
https://youtu.be/ZBuQSsuqfm4 - Distribución e Automatismos
https://youtu.be/qkPDC7AkYJo - Domótica
https://youtu.be/k0jzylAnB0o - Maqueta Interiores (reducido)
|
|||
Para ver o impreso preme no curso correspondente.
|
|||
A ANPA O Beco en colaboración con : IES Punta Candieira pon na entrada do centro a disposición do alumnado e das familias con carácter gratuito os seguintes cuadernos informativos de saúde : 1-Rapazas adolescentes. INFORMATE |
|||
No IES Punta Candieira a FP é sinónimo de oportunidade de traballo. Aquí vos deixamos unhas fotos dalgúns alumnos que neste momento están a realizar as súas prácticas nas distintas empresas colaboradoras co centro.
Moita sorte a todos e todas!
|
|||
Máis información. |
|||
|
||