Blogues |
O mércores 3 de Maio celebrarónse unhas charlas de primeiros auxilios co alumnado de 1º cursos de Ciclos Formativos e de FP básica. Foron impartidas por Protección Civil e nelas tiveron a oportunidade de practicar a técnica de reanimación cardiopulmonar (RCP) e o manexo do desfribilador semiautomático.
|
|||
A Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. ven de convocar unha proba para un contrato en prácticas na categoría laboral de Oficial administrativo/a.
Neste enlace atoparedes toda a información da convocatoria:
|
|||
|
|||
Xa temos gañadores do 1º Concurso de ideas Emprendedoras " 2 minutos para a túa idea"
Categoria FP Básica e Ciclos formativos: 1º Premio: https://youtu.be/PV4_9cbDDFA Iria Cribeiro Breijo
2º Premio: https://youtu.be/VhqckO-b6lY
Categoría ESO 1º Premio: https://youtu.be/X5mzmyJAIIo Daniel Iglesias Villar Alberto Bellón Villasuso Álvaro Vergara Casas
2º Premio: https://youtu.be/C-uvpirosfM Brahim Daouhani Benjamín Iván Griotti Cuello
Categoria Bacharelato 1º Premio: https://youtu.be/WuQmRahlfe0 Bruno Vergara Rodríguez Camilo Davies Leimdorfer
2º Premio: https://youtu.be/fU-PAHaqif8 Martín Fernández Pérez
Queremos dar a noraboa a tod@s @s gañador@s e tamén a todo o alumnado participante neste concurso. Podedes ver os videos gañadores picando nas ligazóns
NORABOA GAÑADORES!!!!
Esta actividade é promovida pola Coordinación de Emprendemento, e financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea NextGenerationUE.
|
|||
|
|||
O 14 de Abril o alumnado de 1º Cursos de ciclos Formativos e 1º FP Básica participou nunhas charlas con empresarios da comarca. Trátase de dar resposta á importancia da cultura emprendedora no desemvolvemento persoal e profesional da xente nova para a mellora da empregabilidade, así como para a sensibilización do alumnado cara a favorecer a introducción do espíritu emprendedor. Os empresarios e empresarias asistentes foron: Pablo Bermúdez emprendedor no sector da música e a docencia, Carla Iglesias (Empresa La Guagua) emprendedora no sector de eventos, actividades lúdicas e servicios socioculturais, e Hugo Fraga(Empresa Hyliacom) emprendedor no sector do desarrollo de Software e dixitalización.
Esta actividade é promovida pola Coordinación de Emprendemento, e financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea NextGenerationUE.
|
|||
|
|||
|
|||
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, Indalecio Cabana, visitou esta mañá o IES Punta Candieira de Cedeira, onde tivo a ocasión de felicitar aos alumnos, Sara Novais Meireles e Álvaro Otero polos bos resultados conseguidos na XL Olimpíada Galega de Química. Nesta competición tamén participou outra alumna do centro, Gemma López.
|
|||
O 24 de Marzo o alumnado de 4º ESO participou nunhas charlas con empresarios da comarca. O obxectivo e dar a coñecer e achegar ao alumnado o tecido empresarial da súa comarca, así como ás saídas profesionais. Trátase de promover o desenvolvemento de competencias relacionadas co emprendemento, que fomenten un espíritu crítico e proactivo entre eles. Os empresarios e empresarias asistentes foron: Sergio Muiño (Empresaa Eufundevivo) emprendedor do sector do turismo, Esther Vázquez (Empresa Seguridade Alimentaria) emprendedora no sector da alimentación e xestión de empresas de dito sector, e Noelia Blanco (Estudio Akelarre) emprendedora no sector do marketing e diseño. Esta actividade é promovida pola Coordinación de Emprendemento, e financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea NextGenerationUE
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
![RSS - blogs Distribuir contido](/centros/iespuntacandieira/misc/feed.png)