Blogues

REMATE DO CURSO NO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

O curso remata con boas novas para o alumnado de Francés que se presentara na convocatoria de abril ao DELF scolaire B1 e B2.  Os nosos PARABÉNS para Alba, Roberto, Hoda e Monya polos resultados de ADMIS!  

O alumnado de Cuale A2, que se presentou en xuño ao DELF junior e as probas de A2 da Escola de Idiomas, terá pronto os seus resultados, esperamos tamén poder felicitalos.

Ademais, como a tradición o pedía, na última semana  fixemos crêpes.  Os alumnos/as de 3º ESO e 1º Bacharaleto  compartiron o gusto pola cociña francesa, aprendendo  a elaborar a receita, paso a paso. Logo, o mellor de todo, a degustación final!

 

Velaquí as fotos de cada momento

CONMEMORACIÓN LGTB. 28 XUÑO DÍA DA DIVERSIDADE SEXUAL

O 17 de maio como conmemoración do día internacional contra a LGTBIfobia

 O 28 de xuño como conmemoración do día da diversidade sexual

Pola igualdade das persoas LGTBIQA+ e a non discriminación por orientación sexual, identidade ou expresión de xénero.

O alumnado e o persoal docente e non docente berramos...

NON Á LGTBIfobia!!! 

SÍ A DIVERSIDADE...

PORQUE TODXS SOMOS UNICXS E IRREPETIBLES

MÁIS IMAXES

Uns 1200 alumnos de 26 institutos de toda a xeografía nacional participaron no proxecto educativo "A quién le importa", enmarcado na "III Semana contra a Homofobia e a favor da Diversidade Afectivo-Sexual e de Xénero", promovido por el IES Santísima Trinidad de Baeza.

Vídeo  “A quien le importa?”

PREMIO NO CONCURSO "ATRÉVETE A TER UNHA IDEA"

A alumna Gemma López Sixto de 2º ESO B, gañou un premio no concurso " Atrévete a ter unha idea". A entrega de premios foi no Museo do Gaiás en Santiago de Compostela.

Parabéns Gemma!

 

premio 1

 

premio 2

CHARLA SOBRE PRIMEIROS AUXILIOS

Os días 6 e 9 de Maio de 2019, os alumn@s dos Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior de 1º Curso e FP Básica 1º Curso tiveron a oportunidade de coñecer e valorar a importancia dos primeiros auxilios (RCP, Manobra de Heimlich e prevención dos accidentes máis frecuentes).

 

 

EXCURSIÓN EMPRESA INTASA - SAN SADURNIÑO

O día 8 de Maio de 2019 os alumn@s de 2º ESO A - B - C foron de visita a INTASA, importante empresa de fabricación e comercialización de taboleiros e tarima flotante.

Trátase de fomentar o emprendemento e dar a coñecer o tecido empresarial da súa contorna dentro do Programa "Atrévete a ter unha idea" 2018/2019.

 

intasa 1

intasa 2

"Ensaio de frauta dos alumnos de 1º de Bacharelato A e B"

 

Os alumnos de 1º de Bacharelato combinan musicalidade e concentración nestas cancións:

"Chancellade" (popular francesa), "Saint Patrick an dro"(anónima irlandesa) e "Fiesta Pagana" (Mago de Oz).

 

 

 

 

20 XUÑO ANDAINA A SANTO ANDRÉ

O VINDEIRO VENRES 20 DE XUÑO FAREMOS COMO TODOS OS ANOS A NOSA ANDAINA A SANTO ANDRÉ, A SAÍDA FARASE  ÁS 8:20 DA MAÑÁ , DESPOIS DOS 9 KM DE PERCORRIDO TEREMOS UN XANTAR MERECIDO NO LOCAL SOCIAL DA AAVV DE PANTÍN, ANIMÁDEVOS!!! 

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VIDEO DA ANDAINA DO 2012

 

VISITA A ORTIGUEIRA DOS ALUMNOS DE 1º DA ESO

Este mércores, 21 de maio, 53 alumn@s de 1º da ESO visitaron o xacemento castrexo de Punta dos Prados ( Espasante), o Muíño de mareas de Senra e o Museo Ortegalia.

 

VIAXE A LONDRES 2014 - 3º ESO

Alumnos de 3º da ESO visitaron Londres entre os días 27 de abril e 1 de maio. Aquí vos deixamos un vídeo con moitos dos lugares e cousas que viron nesa cidade. Agardamos que vos guste! 

 

CURSO AFD DE MANTEMENTO E MONTAXE MECÁNICO DE EQUIPO INDUSTRIAL.

CURSO AFD DE MANTEMENTO E MONTAXE MECÁNICO DE EQUIPO INDUSTRIAL.

IMPARTIRASE NO IES PUNTA CANDIEIRA, DENDE O 31 DE MARZO O 14 DE NOVEMBRO.

DIRIXIDO A PARADOS MENORES DE 30 ANOS.

Distribuir contido