Blogues

Convocatoria de axudas económicas para o alumnado que realiza FCT ou FP dual

Publicada a Orde do 25 de maio de 2021 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP  dual (código de procedemento ED202A).

As solicitudes xunto co resto dos anexos requiridos serán facilitados ao alumnado polo centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo.

Todos os documentos teñen que ser xerados a partir da aplicación informática só dispoñible para os centros educativos, polo que os anexos da orde só serven a efectos informativos.

  + info:

Timelapse Hiperbaric 2021 - IES Punta Candieira

Timelapse Hiperbaric 2021. Gracias al trabajo de José Germán Muiño Romero y Zeltia Roca Alonso y a la colaboración de Brais López Rey, Victor, Moisés, Juan, Miguel, Dulce y todo el equipazo Discalzos Racing Team.

#lovamosapetar #fppuntak 

Última fase de montaje de la carrilana hiperbárica do IES Punta Candieira

Última parte del montaje de la carrilana hiperbárica do IES Punta Candieira

Conmemoración do Día das Letras Galegas

Este ano o Equipo de Normalización Lingüística e o Departamento de Plástica ca participación do alumnado de 1º da ESO do IES Punta Candieira elaboraron estes murais de celebración das Letras Galegas, un sobre a autora Xela Arias homenaxeada nestas Letras Galegas 2021 e outro mural sobre todos os autores galegos homenaxeados nas edicións previas dende 1963 ata ó 2021.

Agradecer e felicitar ó alumnado pola sua participación e moi bo traballo.

E feliz día para todos vos!!!

Probas libres para a obtención de títulos FP - LOE - (Última actualización 1/05/2021)

Sairon pubicadas as convocatorias das probas libres de títulos da FP (Títulos LOE), Curso 2020/2021 

Solicitudes de admisión (só poderán presentar solicitude de admisión quen cumpra os requisitos no período de inscrición).

1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión (período ordinario): do 19 ao 30 de abril de 2021 ata as 13:00 h

2. Listaxe Provisional de persoas admitidas e excluidas --> Enlace

3. Periodo de reclamación:do día 5 ó 7 de maio as 13:00 h no centro onde se presentou a solicitude.

4. Listaxe Definitiva de persoas admitidas e excluidas --> Enlace 

* 1ª Adxudicación Ordinaria --> Listaxe persoas admitidas --> Enlace

Periodo de matrícula para o alumnado: do día 12 ó 19 de maio ata as 13:00 h no centro que teña praza adxudicada.

 + info: 

 http://www.edu.xunta.es/fp/probas-libres-convocatoria-actual

Feliz día da Nai 2021

Feliz día da Nai 2021

O Proxecto Hiperbaric continua!!!

 

Se non publicamos máis a miudo é porque estamos traballando duro...

O equipo Hiperbaric segue traballando na carrilana.

#moitotraballo #lovamosapetar #Hiperbaric

 

 

 

 

 

  

Tempo de Lecer...

 

Non vai a ser todo docencia e traballo na aula.

Os alumnos de 2º da FPB de Electricidade e Electrónica comezaron esta semana as prácticas na empresa da FCT e adicámoslle o último día da semana pasada a realizar un torneo de bádminton improvisado.

Enhoraboa rapaces e rapazas!!! Forza para o que queda de curso!! Xa queda menos!!!

As Raíces de Cedeira

 

Traballo de colaboración entre as alumnas de Igualdade de 1º da ESO e as de Coeducación para o Século XXI.

Un precioso e inmellorable traballo dunhas rapazas moi implicadas.

O noso pequeno grao de area difundindo o seu traballo para o seu recoñecemento.

Noraboa a todas e todos os participantes.


 

Mapamundi dos Alumnos de 1º E.S.O.

O alumnado de 1º da E.S.O. do IES Punta Candieira elaborou durante o pasado trimestre este mapamundi que é froito da colaboración entre os departamentos de Debuxo (Consuelo), Xeografía e Historia (Andrés Rodríguez) e Francés (Ana, Nuria e Charo).

O mapa pon en relación seguintes contidos:

    • A temperatura da cor
    • As zonas climáticas
    • A diversidade cultural
    • Os paises francófonos 

O profesorado involucrado quere transmitir o alumnado participante o seu agradecemento polas aportacións das alumnas e dos alumnos e o orgullosos que están do resultado obtido, polo tanto só queda dicir: ¡¡Parabéns e moi bo traballo chicas e chicos!!

 

pd: se premedes na imaxe poderedes vela máis grande e inclusive descargala

Distribuir contido