O curso remata con boas novas para o alumnado de Francés que se presentara na convocatoria de abril ao DELF scolaire B1 e B2. Os nosos PARABÉNS para Alba, Roberto, Hoda e Monya polos resultados de ADMIS! O alumnado de Cuale A2, que se presentou en xuño ao DELF junior e as probas de A2 da Escola de Idiomas, terá pronto os seus resultados, esperamos tamén poder felicitalos. Ademais, como a tradición o pedía, na última semana fixemos crêpes. Os alumnos/as de 3º ESO e 1º Bacharaleto compartiron o gusto pola cociña francesa, aprendendo a elaborar a receita, paso a paso. Logo, o mellor de todo, a degustación final!
|
|||