Skip to Content

Euroscola

Euroscola 2014

A nosa iniciativa sae hoxe, 27 de marzo,  publicada na prensa. Aquí os enlaces os diferentes xornais:

O Noticieiro Galego

La Voz de Galicia

Diario de Arousa 

(El diario de Arousa e El correo Gallego, 27 de marzo 2014)

Euroscola 2014

Logo do éxito obtido no pasado certame Euroscola 2013 o alumnado de 1º de Bacharelato do IES "Praia Barraña" que cursa a materia TIC's está de novo inmerso na nova edición do certame Euroscola 2014.  Nesta ocasión o lema do concurso é facer unha proposta para a mellora dalgunha das Políticas Europeas. Conscientes do gran problema que a sociedade actual ten co sobrepeso e a obesidade o alumnado propón levar a cabo unha iniciativa que pretenderá concenciar a cidadanía desta problemática. Dita iniciativa leva por título "Vida Saudable Boiro: Alimentación equilibrada e exercicio físico". Toda a información que se recabará, as entrevistas que se realizarán e o proxecto final que se levará a cabo para  esta iniciativa atópase no seguinte blogue: Vida Saudable Boiro.

Dada a importancia do tema de estudo, dito proxecto pora en práctica a interdisciplinaridade e a colaboración entre tres departamentos do noso instituo. Participarán os Departamentos de Tecnoloxía - que actuará coma coordinador-  o Departamento de Bioloxía e máis o Departamento de Educación Física. Enlace á nota de prensa.

Vista previa

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Europarlamentarios por un día

Nos siguientes enlaces encontraredes diferentes noticias sobre a visita ao Parlamento Europeo en Estrasburgo:

O Noticieiro

La Voz de Galicia

(La Voz de Galicia, 8 de marzo 2014)

 

Moitas grazas a todos pola vosa colaboración. 

Euroscola 2013 foi un gran proxecto e unha experiencia única!!!!!

Europarlamento: Intervencións alumnado do centro

Participación dos alumnos de 2º Bacharelato do noso centro no europarlamento:

presentación pola alumna  Victoria Domínguez e intervención do alumno  Raúl Lojo.

sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

Enlace á entrevista da Radio aquí.

O “Praia Barraña” no corazón da Unión Europea

O Parlamento Europeo abriu o pasado venres as súas portas a un grupo de 23 alumnos do noso IES para que coñecesen, de primeira man, o funcionamento dunha das institucións claves do entramado administrativo da UE. Viaxaron dende Boiro ata Estrasburgo acompañados por dúas docentes como premio o galardón nacional logrado no certame Euroscola 2013.

Os estudantes tiveron a posibilidade de visitar a cidade, un enclave francés cerca do límite con Alemaña, e o Parlamento Europeo, onde por un día convertéronse en eurodeputados. Reuníronse en grupos de traballo, debateron e intercambiaron puntos de vista sobre as prioridades europeas como as próximas  eleccións europeas, o problema da busca de emprego, a liberdade de información, o futuro de Europa, como frear o desperdicio de alimentos ou o desenvolvemento sostible e o uso de enerxías renovables. Os participantes reuníronse no Hemiciclo do Parlamento Europeo e celebrouse unha sesión plenaria, como se de verdadeiros políticos se tratase.

Os representantes galegos tiveron así a oportunidade de compartir escano na Cámara con representantes de outros 22 centros escolares procedentes doutros tantos países. En total, case 500 persoas entre alumnos e profesores. Enlace á nota de prensa aquí.

 

Delegación de Boiro que visitou o Parlamento Europeo en Estrasburgo

(para ver máis fotos da viaxe prema aquí)

Euroscola: O IES Praia Barraña prepara a visita a Estrasburgo

Enlaces a: La Voz de Galicia (Edición dixital) e Xornal Certo (Xornal dixital do Barbanza)

 (La Voz de Galicia, 18 de febreiro 2014)

Euroscola: O IES Praia Barraña prepara a visita a Estrasburgo

Logo de gañar o Concurso Euroscola 2013 o alumnado de 2º BAC do IES Praia Barraña está a preparar a visita o europarlamento na súa sede en Estrasburgo. A viaxe terá lugar entre o 25 de febreiro e o 1 de marzo. O 28 de Febreiro será o día da visita o europarlamento.

Dentro do programa previsto para ese día o alumnado está a preparar unha serie de debates que se desenvolverán principalmente en inglés sobre algúns dos temas de actualidade como poden ser as próximas eleccións europeas, o problema da busca de emprego, a liberdade de información, o futuro de Europa, como frear o desperdicio de alimentos ou o desenvolvemento sostible e o uso das enerxías renovables. O alumnado ocupara os escanos que habitualmente empregan os eurodiputados e fará uso do mesmo sistema de votación que eles empregan para tomar determinados acordos.

O alumnado compartirá esta xornada con máis de 500 estudantes chegados de Bélxica, Reino Unido, Italia, Alemania, Francia, Dinamarca, Finlandia e así ata un total de  22 países que estarán representados  cada un deles por un instituto con 24 estudantes. Enlace a nota de prensa.

 

Alumnado e profesorado do  IES Praia Barraña que viaxará a Estrasburgo.

Entrega de premios Euroscola: Xunta de Galicia

(La Voz de Galicia, 8 de Outubro 2013)

         (El Correo Galego, 8 de Outubro 2013)

 

 (El diario de Arousa, 8 de Outubro 2013)

Congreso Internacional da Xuventude: Presentación do traballo realizado para Euroscola

 
O pasado 25 Outubro el equipo TicBoiro realizou unha presentación no Congreso Internacional da Xuventude que tivo lugar en Ribeira (A Coruña). Neste congreso, Laura García y Esther Sánchez realizaron unha excelente presentación do traballoo realizado para o concurso Euroscola. Finalizaron a presentación ca proyección do proxecto final "Un paseo por Europa".
 
 
(La Voz de Galicia, 26 de Outubro 2013)

Euroscola 2013: TicBoiro equipo gañador

O IES Praia Barraña de Boiro gaña o concurso "Euroscola".

O equipo TicBoiro deste instituto é un dos dez finalistas de España, o que permitirá aos seus compoñentes converterse en eurodeputados por un día na sede do Parlamento Europeo en Estrasburgo. Os alumnos compartirán esta experiencia con outros mozos seleccionados dos outros estados membros da Unión Europea. A viaxe terá lugar en febreiro do 2014. Todo o traballo realizado está no blogue TicBoiro.

 Entrega de premios Euroscola

Entrega de premios (Xunta de Galicia, Outubro 2013)

 O alumnado gañador co alcade de Boiro

Alumnado do IES Praia Barraña co alcalde (Boiro, Maio 2013)

Euroscola 2013

(El Correo Gallego, 4 de xuño de 2013)

(El Correo Gallego, 10 de maio de 2013)

(La Voz de Galicia, 10 de maio de 2013)

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut