Skip to Content

O “Praia Barraña” no corazón da Unión Europea

O Parlamento Europeo abriu o pasado venres as súas portas a un grupo de 23 alumnos do noso IES para que coñecesen, de primeira man, o funcionamento dunha das institucións claves do entramado administrativo da UE. Viaxaron dende Boiro ata Estrasburgo acompañados por dúas docentes como premio o galardón nacional logrado no certame Euroscola 2013.

Os estudantes tiveron a posibilidade de visitar a cidade, un enclave francés cerca do límite con Alemaña, e o Parlamento Europeo, onde por un día convertéronse en eurodeputados. Reuníronse en grupos de traballo, debateron e intercambiaron puntos de vista sobre as prioridades europeas como as próximas  eleccións europeas, o problema da busca de emprego, a liberdade de información, o futuro de Europa, como frear o desperdicio de alimentos ou o desenvolvemento sostible e o uso de enerxías renovables. Os participantes reuníronse no Hemiciclo do Parlamento Europeo e celebrouse unha sesión plenaria, como se de verdadeiros políticos se tratase.

Os representantes galegos tiveron así a oportunidade de compartir escano na Cámara con representantes de outros 22 centros escolares procedentes doutros tantos países. En total, case 500 persoas entre alumnos e profesores. Enlace á nota de prensa aquí.

 

Delegación de Boiro que visitou o Parlamento Europeo en Estrasburgo

(para ver máis fotos da viaxe prema aquí)



page | by Dr. Radut