Skip to Content

Plans de Formación do Profesorado

 

 

Dende o curso 2014-2015 os profesores do IES Praia Barraña adquirimos o compromiso de participar nos Plans de Fomación do Profesorado impulsados pola Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través de varias accións formativas que persiguen como principais obxectivos a actualización científica e técnica do profesorado, a mellora dos procesos de ensino e aprendizaxe, a implantación de novas metodoloxías didácticas dentro da aula e a potenciación dunha mellor convivencia entre toda a Comunidade Educativa que conformamos o IES Praia Barraña. Froito desta participación nos Plans de Formación do Profesorado desenvolvidos no propio Centro efectuáronse (ou estanse a desenvolver) as seguintes accións formativas:

 

Curso 2014 - 2015

- A Aula Virtual do IES Praia Barraña: creación e mantemento de cursos online.

 

Curso 2015 - 2016

- A Aula Virtual do IES Praia Barraña: creación e mantemento de cursos online (2ª Edición)

 

Curso 2016 - 2017

- A programación por competencias no contexto LOMCE.

- A mellora da convivencia escolar no IES Praia Barraña.

 

Curso 2017 - 2018

-O proceso de ensino-aprendizaxe baseado no traballo colaborativo e por proxectos (ABP)

- A mellora da convivencia escolar no IES Praia Barraña.

 

Curso 2018 - 2019

- O proceso de ensino-aprendizaxe baseado no traballo colaborativo e por proxectos (ABP)

 

Curso 2019 - 2020

- A aula de convivencia (organización, funcionamento e recursos)

- O caderno dixital e outras ferramentas para a xestión do alumnado.

- Atención á diversidade:a dislexia e outros transtornos sicolingüísticos.

 

Curso 2020 - 2021

- Desenvolvemento da aula virtual de Moodle.

- A mellora da convivencia no IES Praia Barraña (recreactivos e patios inclusivos).

- O tratamento integrado da didáctica das linguas.

 

Curso 2021 - 2022

 - Plan dixital do centro. Integración didáctica das TIC. Traballo colaborativo en rede a través de espazos virtuais. Educación dixital.

- Educación inclusiva e coeducativa.

- Convivencia escolar e clima da aula. Saúde e benestar emocional.

Relacións coas familias

- Iniciativas formativas no ámbito STEM (ciencia-tecnoloxía-enxeñaría

 matemáticas)

- STEM. Introdución á impresión 3D

- Club de ciencias no IES Praia Barraña

- Educación para o desenvolvemento sostible e a cidadanía global

 

Curso 2022 - 2023

 

( É o primeiro PFPP que estamos a desenvolver xunto co IES Espiñeira.

Entendimos que a implementación da LOMLOE determinaba a urxencia de suplir unhas carencias comúns.)

 

- Programación e avaliación competencial.Competencia didáctica.

- Ferramentas dixitais e metodoloxía no ensino-aprendizaxe por

competencias. Competencia dixital.

- Ferramentas dixitais para dinámicas activas de aprendizaxe.

Competencia dixital.

 

Curso 2023 - 2024

     Detectamos que os ritmos de aprendizaxe están acelerados e teñen na

produtividade e non non proceso o seu principal obxectivo. Por iso, decidimos

iniciar un proxecto formativo cimentado na pedagoxía da educación lenta. 

 

- STEAM para unha educación lenta. Itinerario formativo para: 

- A elaboración de mobiliario. 

- Técnicas de cerámica.

- OAOA

- Dinamización de Bibliotecas. Primeiros pasos para unha Biblioteca Lía. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut