Anuncios
Obradoiros de portugués no IES de Pontepedriña
Enviado por Visitante o Dom, 12/02/2017 - 07:24O martes, 13 de febreiro, celebrarase o último obradoiro de portugués deste ano. Foron oito en total, dirixidos a máis de 200 alumnos e alumnas de 2º, 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato.
Con estes obradorios, o alumnado aprendeu que doado é aprender portugués e cantas portas (culturais, económicas e sociais) nos abre o coñecemento do galego no mundo lusófono. O obxectivo final é demostrar que a vantaxe competitiva dos galegos e galegas está na nosa lingua.
Esta actividade foi subvencionada polo Concello de Santiago e os monitores encargados (Henrique e Loaira) forman parte de AGAL (Associaçom Galega da Língua)
25 N. 3º D berra contra a violencia de xénero!
Enviado por Visitante o Lun, 02/12/2013 - 12:47As mozas de 3ºD queren que se escoite o seu berro en contra da violencia de xénero. Escoitémolas!
- "Que ninguén che impida sorrir"
-" Vacínate contra a violencia!"
- "A violencia NON é a chave do corazón!"
- "Non me dá igual!"
- "Denúnciao!"
- "Vive e deixa vivir!"
- "Quéreme, non me quites anos de vida!"
Datas de exames. 1ª AVALIACIÓN
Enviado por Visitante o Lun, 02/12/2013 - 12:31DATAS DE EXAMES Lingua e Literatura galega 1ª AVALIACIÓN
- 1ºESO R:
- 2º EXAME: venres 13 de decembro.
- 2º ESO T:
- 2º EXAME: luns 16 de decembro.
- Está pendente de datar o exame da lectura voluntaria. Realizarase durante un recreo elixido polo alumnado.