Informamos de que os días 31 de outubro e 1 de novembro (luns e martes da vindeira semana) non haberá clase.
O 31 é o Día do Ensino é o 1 de novembro é festivo (Tódolos Santos).
AVISO IMPORTANTE
AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA MATERIAL ESCOLAR
O día 14 de outubro publicouse oficialmente a ampliación da axuda para adquirir material escolar que viña sendo anunciada nos medios de comunicación. Poden consultar a resolución completa aquí.
Esta ampliación consiste nun novo vale, de 25€, que se lle concede a todo o alumnado que xa foi beneficiario do vale de material escolar. O alumnado que non tivo dereito ao vale de 50€ tampouco ten dereito a esta ampliación.
A entrega do novo vale farase ao longo desta semana e irase informando a través de Abalar.
Aquel alumnado que non estivera presente o día da entrega no seu grupo debe recollela en Secretaría cando se volva incorporar.
En caso de dúbida consulten en Secretaría.
INICIO DO CURSO ESCOLAR 2022-2023
O xoves 8 de setembro comezamos o curso escolar 2022-2023 co horario normal de 9:00 a 14:25 horas.
O transporte escolar funcionará con normalidade dende ese mesmo día.
O alumnado será chamado polos respectivos titores segundo a seguinte distribución de portas:
- 1º ESO: porta verde
- 2º ESO e 1º Bach: porta amarela
- 3º ESO e 2º Bach: porta vermella
- 4º ESO: porta azul
A partir do venres todo o alumnado accederá pola porta verde (a máis próxima á conserxería).
O reparto de libros e de vales para material escolar farase nos primeiros días de clase.
Todo o alumnado de 1º de ESO e o de 2º de ESO que asiste a algún tipo de reforzo recibirá unha axenda escolar.
O comedor escolar comezará a funcionar o luns 12 de setembro. Recordamos que só hai comedor os luns, que é o día no que hai clase pola tarde (de 16:15 a 17:55 horas).
FONDOLIBROS: PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS
Xa están publicadas as listaxes definitivas de Fondolibros.
Poden consultalas telematicamente, entrando con Chave365 ou con certificado dixital na aplicación Fondolibros, ou presencialmente no taboleiro interior do centro, en horario de 9:00 a 14:00 durante o mes de xullo e de 10:00 a 13:00 durante o mes de agosto.
No arquivo adxunto poden consultar a listaxe de libros actualizada do curso 2022-23 e comprobar que outros libros precisarán ademais dos que lles conceden en préstamo.
Os libros de préstamo repartiranse ao alumnado cando empecen as clases.
Os vales para material escolar están en proceso de elaboración. Cando estean disponibles enviarase un aviso para que os poidan retirar. Os que non sexan retirados polas persoas solicitantes (pais, nais, responsables legais) daránselles ao alumnado cando empecen as clases.
O PROXECTO "TRALOS PASOS DO VOLFRAMIO" DENTRO DE "POLO RÍO VAI E VÉN" CONSIDERADO EXCELENTE NUN PREMIO OTORGADO POLA XUNTA
A Consellería de Cultura e Educación acaba de publicar os premios de Innovación Educativa en Dinamización Lingüística aparecendo o proxecto "Polo río vai e vén" realizado dende o IES de Ponte Caldelas en colaboración co IES de Soutomaior, como proxecto premiado con 2000 euros e a consideración de Proxecto "Excelente". Podes visualizar o proxecto neste enlace: "TRALAS PEGADAS DO VOLFRAMIO" - Página web de isabeltorres (jimdofree.com) ou nesta paxina web do instituto nunha icona abaixo á dereita.
O traballo desenvolveuse durante o curso 21/22, participando os departamentos de Tecnoloxía, Bioloxía, Lingua, Sociais e Economía do IES de Ponte Caldelas. Os materiais realizados, como vídeos, podcast, imaxes..introducidos na web compártense co IES de Soutomaior nos mesmos cursos. A ides é que cada ano sexa un instituto o que faga a investigación e o outro colabore de receptor para finalmente facer unha xornada de convivencia entre os dous centros ambientada nun entorno natural relacionado coa investigación.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- …
- seguinte ›
- última »