O 27 de Abril proxectouse no centro o video-documental realizado este curso por alumnado de Bacharelato que recolle testemuños de avoas e veciñas sobre dereitos das mulleres durante os anos do franquismo.
O 27 de Abril proxectouse no centro o video-documental realizado este curso por alumnado de Bacharelato que recolle testemuños de avoas e veciñas sobre dereitos das mulleres durante os anos do franquismo.
Seguindo a normativa vixente publícase, nun documento adxunto, o calendario de reclamacións contra as cualificacións de materias de segundo curso de bacharelato ou de materias pendentes de primeiro curso de bacharelato.
Achégase así mesmo o modelo do impreso en formato PDF que tamén está dispoñible na secretaría do centro.
Compartimos con toda a comunidade educativa o vídeo elaborado por profesorado e alumnado do centro coas súas familias para celebrar o Día da poesía.
Como todos os anos, o Ministerio de Educación convoca bolsas para o alumnado que curse estudos postobrigatorios no curso 2023-2024.
IMPORTANTE: Dado que o prazo remata o 17 de maio, haberá que presentar a solicitude antes de coñecer as notas finais e de saber que ensinanzas se van cursar durante o ano académico 2023-2024 polo que a solicitude debe facerse para os estudos que se pretendan cursar como primeira opción.
Poden consultar toda a información dispoñible no Portal de Becas do Ministerio.
O procedemento ordinario de admisión en centros públicos de ESO e Bacharelato está regulado pola ORDE do 21 de outubro de 2022 (DOG do 8 de novembro de 2022).
Calendario xeral do proceso de admisión:
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |