Ensino Secundario
FESTIVAL DA FRANCOFONÍA
Alumnado de Francés participou o 7 de maio no Festival da Francofonía, celebrado en Vilanova de Arousa.
Máis fotos no enlace: https://photos.app.goo.gl/xQmZqDwYCXTuuLq77
CARREIRA IGUALDADE
O 12 de abril celebrouse a XII CARREIRA POLA IGUALDADE no Pino Manso, organizada polo Departamento de Educación Física, Vicedirección e a Anpa A Louriña.
As clasificacións, por categorías:
1º ciclo feminimo
1 Natalia Márquez
2 Lucía Montes
INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN RUTH MATILDA ANDERSON
O alumnado de 1º de ESO A acudiu o xoves 9 de maio á inauguración, no Centro Cultural Municipal, da exposición
"Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia"
Ao finalizar o acto de inauguración tiveron unha visita guiada con actividades para coñecer a obra desta fotógrafa.
PLENO INFANTIL 10 MAIO
Tres representantes do alumnado de 1º de ESO acudiron ao Pleno Infantil Municipal do Concello do Porriño. Alí levaron propostas de todo o alumnado de 1º ESO, que tiveron sesións previas de preparación nas que as debatiron e seleccionaron.
TALLER CRÈPES
O Departamento de Francés organizou para o día 26 de abril un taller de crêpes para o alumnado de 2º de ESO, da man do crepero profesional Jérémy co seu camión de comida "La Marinière".
Máis fotos no enlace: FOTOS
DÍA DO LIBRO
O Departamento de Lingua Castelá e Literatura e o equipo da Biblioteca organizaron a celebración de día do libro co proxeccións de booktrailers de Recoméndoche un libro, canapés literarios entre 1º e 2º de ESO e gravacións de podcast con grupo de Literatura Universal de 1º de Bacharelato.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- …
- seguinte ›
- última »