Información
Reserva de Praza para o curso 23-24
Reserva de prazas para o curso 24/25
RESERVA DE PRAZA - CURSO 2023-24
Normativa reguladora:
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión e alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006 , do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Reserva de praza : Prazo de presentación de solicitudes:
do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023
(Só para o alumnado procedente de centro adscrito que finaliza a etapa)
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
- a través da aplicación informática admisiónalumnado,
- a través da sede electrónica da Xunta de Galicia,
- ou ben cubrindo o impreso de solicitude presentándoo físicamente e no prazo indicado na secretaría do centro onde está matriculado actualmente (centro adscrito).
Data de publicación da listaxe do alumnado con posto reservado:
22 de febrero de 2023
Nota informativa:
- O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.
- O alumnado que ten presentada a Reserva de Praza no centro de adscrición e desexe presentar solicitude de admisión noutro distinto, deberá renunciar á reserva presentada antes do 1 de marzo de 2023.No caso de non ter presentada a renuncia, poderá ser causa de perda do dereito a participar no procedemento.
Centros adscritos ao IES Pino Manso:
CEIP Plurilingüe Xosé Fernández López - (ESO)
CEIP Plurilingüe de Atios - (ESO)
CPR Plurilingüe Hermanos Quiroga - (Bacharelato)
BECAS CURSO 2022-2023
PRAZOS PRESENTACIÓN SOLICITUDE: Do 30 de marzo ao 12 de maio de 2022
Toda a información premendo na imaxe: