Ensino Secundario
OBRADOIRO DE TEATRO
O alumnado de 1º ESO participou o martes 13 de novembro na primeira sesión do obradoiro de teatro organizado polo departamento de Normalización Lingüística.
CABAZAS 1º ESO
O alumnado de 1º ESO, na materia de Lingua Galega e Literatura, traballou sobre o Samaín, que é unha festividade de orixe celta. Como actividade final decoraron cabazas que, xunto coas doutros centros do concello, adornarán as rúas do Porriño.
Tiro con Arco
O xoves 25 de outubro o departamento de Educación Física organizou unha actividade para dar a coñecer o tiro con arco ao alumnado de ESO. Acudiron ao centro membros do club Archers Team e tras unha charla e exhibición sobre este deporte, varios alumnos e alumnas probaron a lanzar frechas.
"TRIBUTO A MIS AMIGAS"
Materia: Educación Plástica Visual e Audiovisual. 4º ESO
Traballo final presentado por Uxía, Ana, Noemí e Sara
NORABOA!!!!!!!
XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA NAIS E PAIS DO NOVO ALUMNADO DE 1º ESO. Curso 2018-19
O vindeiro martes, día 26 ás 18:30h teremos una sesión de acollida ás familias do novo alumnado de 1º ESO.
LUGAR: Salón de Actos
BENVIDOS!!!!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- …
- seguinte ›
- última »