Ensino Secundario

FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

Temos expostos na entrada do instituto os traballos de FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA do alumnado de 1º de ESO.

SAÍDA DIDÁCTICA A CELANOVA

O alumnado de 3º de ESO visitou o mércores 29 Celanova. Foron ao mosteiro de San Rosendo, fixeron unha ruta literaria (casas de Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro), visitaron Vilanova dos Infantes e Castromao.

EXPOSICIÓN UNHA MIRADA DE ANTANO

Alumnado de 1º e 4º de ESO asistirá durante esta semana á exposición:

UNHA MIRADA DE ANTANO, Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia (Centro Cultural Municipal)

Trátase dunha visita guiada organizada pola Área de cultura de Afundación.

Aquí tedes ao alumnado de 4º de ESO B na súa visita o luns 27 de maio.

 

 

MESA DE DEBATE NO FESTIVAL DE CANS

O alumnado de Educación Plástica, Visual e Audiovisual de

4º de ESO acudiu a unha mesa de debate impulsada por Proxecta,

a Coordinadora Galega de Festivais de Cinema: 

proxecta constrúe “ACERCAR LOS FESTIVALES AL PÚBLICO JOVEN: ESCUCHAR PARA PROGRAMAR"

 

Final Concurso Book Trailers

O martes 22 de maio proxectáronse os traballos finalistas

do concurso de Book Trailers que impulsa o Festival de Cans

e no que participou alumnado do IES Pino Manso, da man do

profesor de Educación Plástica, Visual e Audiovisual,

Juan Carlos Lago Bravo. Dos 14 traballos finalistas,

8 son de alumnado do Pino Manso. E dos 5 premiados,

3 son de alumnado do Pino Manso.

Parabéns ao alumnado e ao profesor!!!!!

Ana Fernández, premio do público.

Lía, premio do xurado.

Arianna e Jennifer, mención especial.

 

NON ERAN GALOS, ERAN GALAICOS

2019-05-18 15:45
Europe/Madrid

O xoves 16 de maio o grupo de teatro do instituto representou para todo o alumnado da ESO e para as familias dos participantes a obra "Non eran galos, eran galaicos", escrita e dirixida pola profesora Paula Lorenzo Sertaje. A representación foi todo un éxito. Parabéns aos actores e actrices e todo o agradecemento a Paula polo traballo realizado. 

A actividade de teatro forma parte la liña de actuación "Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros" dos contratos-programa da Consellería de Educación.


Distribuir contido