NON ERAN GALOS, ERAN GALAICOS

2019-05-18 15:45
Europe/Madrid

O xoves 16 de maio o grupo de teatro do instituto representou para todo o alumnado da ESO e para as familias dos participantes a obra "Non eran galos, eran galaicos", escrita e dirixida pola profesora Paula Lorenzo Sertaje. A representación foi todo un éxito. Parabéns aos actores e actrices e todo o agradecemento a Paula polo traballo realizado. 

A actividade de teatro forma parte la liña de actuación "Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros" dos contratos-programa da Consellería de Educación.