Ensino Secundario

IDENTIFICA-T

O 5 de decembro o alumnado de 2º de ESO participou na Obra de teatro-Obradoiro Identifica-T contra a violencia de xénero.

CONCURSO DE PORTAS DECORADAS

O Departamento de Orientación propuso aos grupos da ESO, en formato concurso, decorar as portas das aulas para conmemorar o 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero. 

Tres profesoras do centros fixeron de xurado e elixiron como porta gañadora a de 2º ESO B. Como premio, disfrutarán dunha merenda na cafetería coa súa titora.

Noraboa, 2º ESO B!!!!!

 

TOWANDA REBELS

O martes 19 de novembro alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu á xornada inicial do programa do Concello do Porriño O CINE COMO FERRAMENTA PARA A PREVENCIÓN E SENSIBILIZACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO NOS CENTROS EDUCATIVOS. As Towanda Rebels, activistas feministas, conduciron esta xornada inicial celebrado no Círculo Recreativo Cultural.

CONCURSO DE CABAZAS

Xa podedes votar pola vosa cabaza preferida!

 

CHARLA ALFABETIZACIÓN INFORMACIONAL

O alumnado de 2º ESO B asistiu á Biblioteca Municipal do Porriño á charla Máis alá da Wikipedia, enfocada á alfabetización informacional.

Proximamente asistirá o alumnado de 2º ESO C e 2º ESO A.

PROXECTO XÉNERO HISTORIAS

 

No seguinte enlace podedes ver as curtas do Proxecto Xénero-Historias (Proxecto de CINE contra a violencia de xénero do Concello do Porriño):

https://drive.google.com/drive/folders/1TJwk9k0wWHGw2Gz0eiJa8bHLlRbpgRDk?usp=sharing

Estivemos encantados de participar neste proxecto, moitas grazas ao Concello do Porriño e a toda a xente de Koremi!!!

 Resultado de imagen de cine cortos

Distribuir contido