Skip to Content

COVID

COMUNICADO IMPORTANTE

Queridas familias,

Conscientes da preocupación polo inicio do curso, dende o IES Pedro Floriani queremos informar que estamos traballando na reestruturación do instituto para adaptalo da mellor forma posible ás novas instrucións que vai enviando a Consellería día a día.

A seguridade do noso alumnado e a boa organización do curso é o primeiro para nós.

Dadas as circunstancias, non podemos polo momento comunicar unha data exacta para iniciar o proceso de presentacións e acollida no centro.

Todos os centros de ensino secundario de Redondela estamos na mesma situación, e polo tanto sentimos non poder ofrecer a día de hoxe a información que normalmente xa é coñecida nestas datas.

Manterémosvos cumpridamente informados/as a medida que se produzan novas.

Graciñas pola colaboración.

Unha forte aperta de parte de todo o Equipo Directivo e todo o profesorado.

A Dirección do IES Pedro Floriani

PROTOCOLO PROBAS EXTRAORDINARIAS SETEMBRO 2020

Estimadas familias e alumnado,

Como é sabido, a Consellería de Educación publicou na súa páxina web un "Protocolo de Adaptación ao Contexto do Covid" de obrigado cumprimento para o curso escolar que está a piques de comezar. O Equipo Directivo xunto co persoal non docente, estamos traballando, segundo as nosas posibilidades, para adecuar os espazos e a organización do centro e conseguir un entorno o máis seguro posible.

Polo tanto, pregamos sigan con atención estas normas básicas:

  • Non se poderá acudir ao Centro con sintomatoloxía compatible co Covid ou se está en corentena por convivir ou ter contacto estreito con persoas diagnosticadas.
  • O alumnado chegará ao centro alomenos cinco minutos antes da hora de comezo dos exames, coa súa propia máscara posta. Aquelas persoas que estean dispensadas da obrigatoriedade de levar máscara, deberán acreditalo documentalmente.
  • Fará a entrada polo portal exterior e avanzará en fila de un, respectando a distancia de seguridade de 1.50m, polo carril dereito marcado no chan, ata a porta do edificio.
  • Debe hixienizar as mans a entrada do edificio co dispensador situado na parede.
  • Seguirá as instrucións da persoa presente na entrada para dirixirse á aula que lle indique.
  • Para a realización das probas, deberá vir provisto do material necesario, dado que non é posible compartilo.

Na Aula:

  • Debe permanecer coa máscara posta en todo momento.
  • Debe hixienizar o pupitre e a cadeira que lle indiquen, usando un pano de papel e desinfectante situados a entrada da aula.
  • Debe seguir as normas indicadas polo profesor para recoller, realizar e entregar o exame.
  • Non debe moverse do seu posto ata que llo permitan.
  • Antes de abandonar a aula, debe usar o papel e o desinfectante para limpar pupitre e cadeira.
  • Cando saia da aula, deberá seguir as rutas indicadas no chan e respectar as indicacións e a distáncia de seguridade ata abandonar o recinto escolar.

PROTOCOLO COVID ALUMNADO PROBAS EXTRAORDINARIAS SETEMBRO 2020


  • Non se poderá acudir ao Centro con sintomatoloxía compatible co Covid ou se está en corentena por convivir ou ter contacto estreito con persoas diagnosticadas.
  • Chegará ao centro alomenos cinco minutos antes da hora de comezo dos exames, coa súa propia máscara posta. Aquelas persoas que estean dispensadas da obrigatoriedade de levar máscara, deberán acreditalo documentalmente.
  • Fará a entrada polo portal exterior e avanzará en fila de un, respectando a distancia de seguridade de 1.50m, polo carril dereito marcado no chan, ata a porta do edificio.
  • Debe hixienizar as mans a entrada do edificio co dispensador situado na parede.
  • Rexistrarase co nome e teléfono de contacto e seguirá as instrucións da persoa presente na entrada para dirixirse á aula que lle indiquen.

 

Para a realización das probas, deberá vir provisto do material necesario, dado que non é posible compartilo

Na Aula:

  • Debe permanecer coa máscara posta en todo momento.
  • Debe hixienizar o pupitre e a cadeira que lle indiquen, usando un pano de papel e desinfectante situados a entrada da aula.
  • Debe seguir as normas indicadas polo profesor para recoller, realizar e entregar o exame.
  • Non debe moverse do seu posto ata que llo permitan.
  • Antes de abandonar a aula, debe usar o papel e o desinfectante para limpar pupitre e cadeira.
  • Cando saia da aula, deberá seguir as rutas indicadas no chan e respectar as indicacións e a distáncia de seguridade ata abandoar o recinto escolar.

 

EXAMES CICLO MEDIO RECUPERACIÓNS XUÑO

LUNS 15-06-20

MARTES 16-06-20 MÉRCORES 17-06-20 XOVES 18-06-20

10:00h 

INGLÉS CM1

 

Aula virtual Cisco Webex

olgamaria.la@gmail.com

10:00h 

TÉCNICA CONTABLE CM1

 

 Aula virtual IES Pedro Floriani

 1cmxapedrofloriani@gmail.com

10:00h

OPERACIÓNS AUXILIARES

DE TESOURERÍA CM1

nuriabarreiro@edu.xunta.es

 

 

RECURSOS HUMANOS CM2

Aula virtual IES Pedro Floriani

quedateencasamercedes@gmail.com

10:00h

OPERACIÓNS

ADMINISTRATIVAS

DE COMPRAVENTA CM1

Aula virtual IES Pedro Floriani

1cmxapedrofloriani@gmail.com

12:00h

FOL CM1

 

ivan.seijaslopez@gmail.com

16:00h

TRATAMENTO

INFORMÁTICO

DA INFORMACIÓN CM1

Aula virtual IES Pedro Floriani

quedateencasamercedes@gmail.com

ADAPTACIÓNS ÁS PROGRAMACIÓNS TERCEIRO TRIMESTRE

Seguindo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia ditadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, quedan publicadas nesta web as adaptacións das Programacións Didácticas referidas a dito trimestre, as cales poden consultar  NESTE ENLACE , por Departamentos Didácticos.

PROCESO ADMISIÓN NOVO ALUMNADO

Restablécese o prazo para a presentación das SOLICITUDES DE ADMISIÓN de NOVO ALUMNADO que se incorpora por primeira vez ao Centro.

PRAZO 11 - 18 de maio de 2020.

Para1º ESO: alumnado que NON cursou primaria en centro adscrito.

Para 1º Bacharelato: alumnado que NON cursou ESO no centro.

De acordo á lexislación vixente: 

RECOMÉNDASE A

PRESENTACIÓN TELEMÁTICA

de SOLICITUDES 

(NESTE ENLACE PODE ATOPAR INFORMACIÓN ADICIONAL SOBRE O PROCESO TELEMÁTICO)

PARA ATENCIÓN PRESENCIAL

de 9:00 - 14:30 h

 no teléfono

886 12 04 13

  • NORMAS:

Só acudirá un único proxenitor/a.

Débese seguir o protocolo e as instrucións de seguridade.

  • IMPRESO DE SOLICITUDE:

A solicitude atópase no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.es/admisiónalumnado

Prégase cubrir todos os campos da solicitude (incluídos os relativos ao baremo) e achegar o DNI do alumno e a documentación xustificativa do baremo.

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA

O 28 de abril celébrase o Día da Educación Física na rúa. Tiñamos programado facer deporte nas rúas de Redondela pero o Covid-19 cambiou os nosos plans así que a celebración deste día foi na casa.

O noso alumnado comparte esta actividade realizada onte para mostrarnos como segue estando activo. Podes vela aquí.

TAREFAS TERCEIRA AVALIACIÓN

SEMANA 15-19 XUÑO

Neste enlace podedes atopar as actividades e tarefas para esta semana. Están clasificadas por curso e por materias. Cada luns serán actualizadas.

Estamos xa na semana final do curso. Queremos felicitar a todo o alumnado que se esforzou semana a semana para realizar todas as tarefas.

Recordade que os correos e enlaces do profesorado están no taboleiro  "Conectados na Corentena".

Moito ánimo a todos e todas!

FAI CLICK NA IMAXE PARA ACCEDER AOS MATERIAIS EDUCATIVOS

Unha vez rematadas as "vacacións" de Semana Santa, retomamos a actividade académica non presencial.

Lembrámosvos que en "Conectados/as na corentena" tedes acceso a todas as materias e a todo o profesorado do IES Pedro Floriani.

Distribuir contido


by Dr. Radut