PRAZO: 9 ao 19 de XANEIRO de 2024
O alumnando que dexese incorporarse ás ensinanzas de Educación Secundaria para Persoas Adultas deberán cubrir e presentar a seguinte documentación:
- Solicitude de Admisión e Matrícula. Pódese descargar aquí.
- Declaración de non estar escolarizado/a nas mesmas ensinanzas noutro centro. Pódese descargar aquí.
- Historial académico de ensinanzas cursadas ou libro de escolaridade.
- Fotocopia do DNI do/a alumno/a.
- No caso de ser menor tamén deberá achegarse a fotocopia do DNI da nai, pai ou titor/a legal e a autorización para alumnado menor de idade.Pódese descargar aquí.
- Fotocopia NUSS (Número de Usuario/a da Seguridade Social).
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Dúas fotografías tamaño carné.
- Resgardo do pagamento do seguro escolar en Abanca, Suc. Redondela.
- Nº Conta: ES49 2080 5450 7530 4011 7398 (1,12€) [só as persoas menores de 28 anos].
- Fotocopia compulsada do contrato laboral (só as persoas menores de 18 anos e maiores de 16, que non cursaran ensinanzas de FPB/PCPI).
|
Unha vez cuberta a documentación poderá presentarse entre o 09/01/24 e o 19/01/24 de dous xeitos:
1. Telematicamente
- Descárganse os documentos (Solicitude de Matrícula e Declaración de non estar escolarizado/a) e cúbrense no ordenador.
- Envíase toda a documentación como arquivo adxunto ao email do instituto: ies.pedro.floriani@edu.xunta.gal. No asunto do correo electrónico debe figurar ‘MATRÍCULA: Curso_Nome alumna ou alumno’.
Dende o IES Pedro Floriani pregamos que se empregue preferentemente a modalidade telemática de envío dos formularios se é posible.
|
2. Presencialmente
- Solicitarase cita previa enviando un correo co asunto “MATRÍCULA: Cita_Nome alumna ou alumno” a citapreviafloriani@gmail.com.
- Posteriormente descargaranse os documentos, imprimiranse na casa e levaranse xa asinados ao centro.
Calquera incidencia ou dúbida que poida xurdirlle ao alumnado sobre o proceso de matriculación, pode consultala no enderezo electrónico ies.pedro.floriani@edu.xunta.gal ou no teléfono 886 12 04 13.