Debido ás instrucións ditadas pola Consellaría de Educación as clases están suspendidas dende o luns, 16 de marzo, apostándose pola teleformación e o teletraballo para controlar a expansión do virus COVID-19. 

As ferramentas que empregará o IES Pedregal de Irimia para que o alumnado non perda o ritmo de traballo (xa que as actividades propostas non son avaliables) son as que se indican no documento de instruccións para o alumnado

Dende a Xunta de Galicia adoptáronse medidas para o alumnado en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020 que consisten en: 

Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos

Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.

Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado


O equipo directivo do IES Pedregal de Irimia seguirá informando puntualmente de calquera nova referente a esta situación imprevista.

 

Do 1 ao 8 de marzo participamos na primeira mobilidade do proxecto UMBRELLA. As alumnas Clara Lozano, María Pamplona, Virginia Pásaro, Sandra Pena e Lucía Portela, todas elas de primeiro de BAC, desprazáronse ata Telde (Gran Canaria) acompañadas por Fina López e Roberto Núñez.

Tras ser recibidas no aeroporto, as nosas alumnas pasaron o domingo coas súas familias anfitrionas. As actividades do proxecto, que comezaron o luns 2 de marzo e duraron ata o venres 6, foron as seguintes:

- Presentación para todo o alumnado participante no proxecto sobre Galicia, Meira e o IES Pedregal de Irimia.

- Visualización das presentacións dos equipos de Gran Canaria, Croacia, Romanía e Portugal.

- Visita ás dunas, á praia e a charca de Maspalomas. 

- Creación dun manifesto contra o cambio climático, tradución ás linguas dos países participantes no proxecto e lectura destas versións ante o alcalde de Telde.

- Visita guiada polos barrios de San Francisco e San Juan (Telde).

- Visita a unha queixería tradicional canaria e participación nun obradoiro sobre o tratamento da lá.

- Visita guiada por Las Palmas de Gran Canaria.

- Visita a unha granxa ecolóxica en Telde.

- Cerimonia final e entrega de certificados.

Tanto as alumnas como Fina e Roberto voltaron moi satisfeitos da súa participación, coincidindo na importancia que se lle debe dar á expresión oral en todas as linguas.

Aquí deixamos un resumen en vídeo da estancia do noso equipo.

Imaxes da celebración do Entroido 2020 no IES Pedregal de  Irimia

Álbum: Curso 2019-2020 -> Entroido 2020
21/02/2020 09:20
21/02/2020 15:00

Distribuir contido