Gran Canaria Mobility, 2-6 de marzo de 2020

Do 1 ao 8 de marzo participamos na primeira mobilidade do proxecto UMBRELLA. As alumnas Clara Lozano, María Pamplona, Virginia Pásaro, Sandra Pena e Lucía Portela, todas elas de primeiro de BAC, desprazáronse ata Telde (Gran Canaria) acompañadas por Fina López e Roberto Núñez.

Tras ser recibidas no aeroporto, as nosas alumnas pasaron o domingo coas súas familias anfitrionas. As actividades do proxecto, que comezaron o luns 2 de marzo e duraron ata o venres 6, foron as seguintes:

- Presentación para todo o alumnado participante no proxecto sobre Galicia, Meira e o IES Pedregal de Irimia.

- Visualización das presentacións dos equipos de Gran Canaria, Croacia, Romanía e Portugal.

- Visita ás dunas, á praia e a charca de Maspalomas. 

- Creación dun manifesto contra o cambio climático, tradución ás linguas dos países participantes no proxecto e lectura destas versións ante o alcalde de Telde.

- Visita guiada polos barrios de San Francisco e San Juan (Telde).

- Visita a unha queixería tradicional canaria e participación nun obradoiro sobre o tratamento da lá.

- Visita guiada por Las Palmas de Gran Canaria.

- Visita a unha granxa ecolóxica en Telde.

- Cerimonia final e entrega de certificados.

Tanto as alumnas como Fina e Roberto voltaron moi satisfeitos da súa participación, coincidindo na importancia que se lle debe dar á expresión oral en todas as linguas.

Aquí deixamos un resumen en vídeo da estancia do noso equipo.