No D.O.G. do 19 de maio de 2023 publicouse a Orde do 10 de Maio que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convoncan axudas para adquirir libros de textos e material escolar destinado ao alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria para o curso 2023 /24.
Como aspectos máis destacables desta orde pódense sinalar:
• E-DIXGAL: O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto de educación dixital será excluido da participación no Fondo solidario de libros. No IES PEDREGAL DE IRIMIA haberá EDIXGAL en toda a ESO polo que o alumnado non terá a axuda de Fondo libros. O IES PEDREGAL DE IRIMIA, á marxe da convocatoria oficial de participación no fondo solidario de libros de texto convocado pola Consellería de Educación, repartirá entre o alumnado perceptor da axuda para adquirir material escolar os libros de texto que ten en existencias das materias que non entran en EDIXGAL.
AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR:
1. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € : 75 €
2. Renda per cápita entre 6000 e 10.000 € : 60 €
PRAZO DE SOLICITUDES: 19 de maio ao 21 de xuño de 2023.
Meira, 23 de maio de 2023