Tags:

O xoves 2 de abril serán publicadas as notas da segunda avaliación no Espazo Abalar. As familias poden velas no móbil (descargando a aplicación AbalarMóbil) ou na páxina web EspazoAbalar.

Só se avaliaron as probas e o traballo realizado ata o día 13 de marzo.

Seguimos á disposición das familias:

no correo ies.pedregal.irimia@edu.xunta.es ou telefónicamente de 10:00 a 13:00 horas.

Moito ánimo!!

Tags:

Axudas comedor escolar COVID-19 (CLICK NO ENLACE) para as familias que durante o curso escolar pagan 0 € ou 1 €.

Prazo: dende o día 31 de marzo o 6 de abril, ambos inclusive. 

DOG 30 de marzo de 2020. Orde do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (código de procedemento ED601B)

 

A partir do 24 de marzo atenderase á comunidade educativa a través do teléfono 660946402 en horario de 10.00h a 13.00h e durante o día por medio do correo electrónico:

ies.pedregal.irimia@edu.xunta.es

O seguimento de titorías e da actividade académica continuará desenvolvéndose a través das canles xa achegadas polo docentes. Lémbrase que poden acceder a máis información na sección NOVAS desta páxina web.

A través da web do centro poderedes informarvos das canles telemáticas  que os departamentos didácticos empregarán para poñer á disposición do alumnado as tarefas que lle permitan seguir o desenvolvemento das materias. 

DPTO. MATEMÁTICAS:  1º e 2º a través de E-Dixgal e 3º,4º ESO e BAC a través da Aula Virtual.
DPTO. BIOLOXÍA E XEOLOXÍA: 1º ESO E-Dixgal, resto dos cursos Aula Virtual
DPTO. TECNOLOXÍA: 2º ESO E-Dixgal, 3º ESO libro dixital, 4º ESO e BAC Aula Virtual e correo electrónico.
DPTO. FÍSICA E QUÍMICA: 2º ESO E-Dixgal, resto dos cursos Aula Virtual
DPTO. LATÍN: Aula Virtual e correo electrónico

DPTO. FILOSOFÍA: Aula Virtual

DPTO. DE ARTES PLÁSTICAS: 1º ESO E-Dixgal, resto de cursos Aula Virtual
DPTO. FRANCÉS: Aula Virtual e correo electrónico.

DPTO. MÚSICA: Aula Virtual.

DPTO. LINGUA  E LITERATURA GALEGA: Aula Virtual e correo electrónico.

DPTO. DE XEOGRAFÍA E HISTORIA: 

1º e 2º ESO:  E-Dixgal

3º ESO, 4º ESO e BACHARELATO: Google Drive (coas aplicacións asociadas) e Aula Virtual.

DPTO.  INGLÉS: O alumnado de 1º e 2º de ESO, a maiores da plataforma E-Dixgal, poden traballar cun libro de texto instalado nos seus ordenadores portátiles. Este libro é totalmenteinteractivo e permite, entre outras cousas, o acceso a actividades de escoita e ás solucións dos exercicios. Comunicación a través de Whatsapp e correo electrónico

3º ESO: Comunicación a través de Whatsapp e correo electrónico.

4º ESO e BAC : envío de tarefas Google Drive ou Aula Virtual. Comunicación co alumnado a través do correo electrónico.

DPTO. DE ORIENTACIÓN: O Departamento de Orientación irá publicando contidos que poden ser de interese para alumnado e familias na Aula Virtual do centro para a súa consulta.

Lembrade que tamén podedes acceder ao programa Orienta 19-20 no Blogue de Orientación, que figura nesta páxina web, ou ben dende Bibliomeira.

DPTO. RELIXIÓN: 1º e 2º ESO Actividades na Plataforma E-Dixgal

3º e 4º Contidos colgados na Aula Virtual do Centro e Actividades con DRIVE e Gmail

1º e 2º BAC Integramente en Drive e Gmail

DPTO. ECONOMÍA:  Aula Virtual e Google Drive

DPTO. LINGUA CASTELÁ E LITERATURA: 

En 1º da ESO:  E-Dixgal, Aula Virtual e correo electrónico

No resto de cursos  grupos de whatsapp,

DPTO. EDUCACIÓN FÍSICA: 1º,2º,3º º 4º ESO e Bacharelato, Aula Virtual e correo electrónico

 

 

Desde o 22/03/2020 amplíase o Estado de alarma polo COVID 19, ata despois de Semana Santa.

Desde a dirección do IES Pedregal de Irimia seguiremos informando das novidades que vaian xurdindo

Distribuir contido