11/05/2020 00:00
18/05/2020 23:59

Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
 

Tags:

Os modelos das probas para a ABAU 2020 están colgados na páxina web da CIUG. 

Debido á situación de emerxencia sanitaria a nivel mundial na que nos atopamos, a mobilidade a Croacia queda posposta. O equipo de profesores e profesoras do proxecto estamos a traballar buscando posibles datas nas que celebrar esta actividade. 

 

Hoxe, día do libro, queremos presentarvos un proxecto literario para que participedes dende as vosas casas. Queremos que vos animedes vós, alumnado do IES Pedregal de Irimia, tamén vós futuros compañeiros que agora estudades 5º e 6º de Primaria nos CEIPs Rosalía de Castro de Pol e Avelino Díaz de Meira e tamén os nosos ex (ex-alumnos/as, ex-traballadores/as) do IES Pedregal de Irimia. Pero tamén é xusto que a comunidade que protexe e cuida do noso alumnado nestes tempos de crise poida participar, polo que abrímolo á avoa, ao pai, á madriña, aos amigos...

Trátase de microrrelato e hai que facelo en galego (a data límite será o 17 de maio, día das letras galegas, para que ninguén se esqueza). A temática será a saída da crise e gustaríanos que con el fixerades unha reflexión do que como sociedade deberiamos abrender desta pandemia. Para máis detalles (extensión, envío, premios, xurado...) consultade as seguintes bases

Ao non poder participar nos Encontros da USC que eran o 2 e 3 de abril no Campus de Lugo, a Universidade organizou uns “Encontros virtuais” orientados ao alumnado de Secundaria e Bacharelato e as súas familias, para dar a coñecer as súas titulacións.

Toda a información AQUÍ

Distribuir contido