O día 12 de maio o alumnado de 1º ESO participou nunha charla sobre separación de residuos, dentro do Programa Meteoescolas do Plan Proxecta.

En conmemoración do día de Europa cada 9 de maio, o noso instituto sumouse a unha iniciativa na que participaron outros 13 centros escolares de distintos países. A idea era compartir un refrán local, incluindo a explicación en inglés. Coñecedes a alguén no vídeo?

Tags:

Os pasados días 28, 29 e 30 de abril o noso centro acolleu un obradoiro de teatro en igualdade promovido polos Servizos Sociais do Concello de Meira e financiado cos fondos do Pacto de estado contra a violencia de xénero. A consultora Coeduc@ foi a encargada de levar a cabo as dúas sesións por cada grupo da ESO, nas cales se promoveu a reflexión sobre os roles e a violencia de xénero a través da expresión oral e corporal e da improvisación teatral, adaptando a metodoloxía ao protocolo anti-COVID vixente.

Esta semana, na que conmemoramos o día do libro, queremos presentarvos unha nova edición dun proxecto literario que encetamos o ano pasado. Queremos que vos animedes vós, alumnado do IES Pedregal de Irimia, tamén vós futuros compañeiros que agora estudades 5º e 6º de Primaria no CEIP Avelino Díaz de Meira e tamén os nosos ex (ex-alumnos/as, ex-traballadores/as) do IES Pedregal de Irimia. Pero tamén é xusto que a comunidade que protexe e cuida do noso alumnado nestes tempos de crise epidemiolóxica poida participar, polo que abrímolo á avoa, ao pai, á madriña, aos amigos...

Trátase de microrrelato e hai que facelo en galego (a data límite será o 17 de maio, día das letras galegas, para que ninguén se esqueza). Este curso a temática será totalmente libre para non coartar a vosa creatividade. Para máis detalles (extensión, envío, premios, xurado...) consultade as seguintes bases.

ANIMÁDEVOS!!!!

BASES (preme aquí para coñecer as bases do certame)

O luns, 19 de abril de 2021, fíxose a entrega de premios do I Certame de fotografía do IES Pedregal de Irimia, na biblioteca do centro. Acompañados pola Vicepresidenta da Deputación de Lugo, o Concelleiro de Cultura de Meira, os representantes do CEIP Avelino Díaz (director e titor de 6º de EP) e os membros do xurado, entregamos os catro premios (un por cada categoría) e tres accésit ás mellores obras.

Dende o IES Pedregal de Irimia queremos agradecer a todos/as os/as participantes (concurriron 124 obras entre as catro categorías!!!) e a todas as entidades colaboradoras.

A continuación deixamos constancia das fotos gañadoras e as da entrega de premios.

CATEGORÍA: INFANTIL

CATEGORÍA: XUVENIL 1

CATEGORÍA: XUVENIL 2

 CATEGORÍA: ADULTOS

 

 

Distribuir contido