Dentro do proxecto UMBRELLA estamos analizando os cambios nos patróns migratorios dalgunhas especies por mor do cambio climático. 

Despois de moitas horas de traballo, aquí tedes o noso primeiro produto: un vídeo sobre a cegoña branca.

Chegou para quedar no IES de Meira: O MAPA DE GALIZA DE DOMINGO FONTÁN. Trátase do primeiro mapa científico feito na península ibérica. Esta magna obra (cunha exactitude que sorprende aínda hoxe) realizouse grazas ao traballo de campo feito durante 17 anos. A "Carta xeométrica de Galicia" publicouse por vez primeira en París no 1845, despois de moitos atrancos.  Dadas as súas dimensións, o mapa de Fontán estará custodiado no Departamento de Xeografía e Historia (para maior aproveitamento didáctico do mesmo) contando coa colaboración da Biblioteca do centro.

Preme AQUÍ para velo ao completo

No IES Pedregal de Irimia este ano viviuse un Entroido atípico, pero sen esquecer o espírito que ten esta festa.  Foron tres días nos que toda a comunidade educativa do noso centro celebrou un "novo entroido".

Álbum: CURSO 2020-21 -> ENTROIDO 2021
Tags:

A Biblioteca e o Departamento de EPVA do IES Pedregal de Irimia están a organizar o I Certame Fotográfico de temática relacionada coa natureza e os espazos naturais.

As bases do concurso están neste arquivo, así como algunha recomendación á hora de facer composicións fotográficas.

Tags:

Publicadas na CIUG as datas provisionais ABAU 2021:

CONVOCATORIAS

  • ORDINARIA: 8-9-10 de xuño
  • EXTRAORDINARIA: 13-14-15 de xullo

PROTOCOLO ABAU 2021

Distribuir contido