PREME sobre a imaxe para visualizar a distribución das probas extraordinarias de setembro de 2021

“As raíces da educación son amargas, pero a froita é doce” Aristóteles.

Noraboa ao alumnado de 4º ESO do IES Pedregal de Irimia por acadar unha das metas que ten na vida.  Agora a seguir na nova etapa que empeza.

 

 Podes ver o video proxectado durante a cerimonia aquí

O martes, 22 de xuño de 2021, fíxose a entrega de premios do II Certame literario do IES Pedregal de Irimia, na Casa da Cultura de Meira. Acompañados pola Vicepresidenta da Deputación de Lugo (Maite Ferreiro), o Concelleiro de Cultura de Meira (Agustín Méndez), o representante do CEIP Avelino Díaz (titor de 6º de EP, Pablo Abuín) e os membros do xurado, entregamos tres premios e dous accésit ás mellores obras.

Dende o IES Pedregal de Irimia queremos agradecer a todos/as os/as participantes (concurriron 46 obras entre as catro categorías!!!) e a todas as entidades colaboradoras.

A continuación deixamos constancia da acta do xurado, xunto coas fotos da entrega de premios no Blog da biblioteca, Bibliomeira.

 

O luns, 21 de xuño de 2021, achegámonos ata Ribadeo para descubrir da man do autor de "O soño de Xoán", o profesor Farruco Graña, os recunchos de Ribadeo onde se desenvolveu a trama da súa novela. Coa axuda de Farruco, os membros do Club de lectura xuvenil do IES Pedregal de Irimia puideron retrotraerse varios séculos atrás para revivir distintas escenas do libro. Moitas grazas Farruco pola túa amabilidade (acompañounos durante toda a xornada) e por asinarnos os libros con tanto agarimo.

Pero como estabamos ás portas das vacacións, aínda houbo un anaco para desfrutar da praia. Moitas grazas aos membros do Club de lectura polo voso compromiso coas letras e coa cultura. Agardámosvos o vindeiro curso!!!

O prazo de matrícula para os aprobados en xuño (ESO e BAC) e o alumnado de 2º de BAC que teñen que cursar algunha materia no curso 2021-22, empeza o 25 de xuño e remata o 10 de xullo

Distribuir contido