II CERTAME DE MICRORRELATOS DO IES PEDREGAL DE IRIMIA

Esta semana, na que conmemoramos o día do libro, queremos presentarvos unha nova edición dun proxecto literario que encetamos o ano pasado. Queremos que vos animedes vós, alumnado do IES Pedregal de Irimia, tamén vós futuros compañeiros que agora estudades 5º e 6º de Primaria no CEIP Avelino Díaz de Meira e tamén os nosos ex (ex-alumnos/as, ex-traballadores/as) do IES Pedregal de Irimia. Pero tamén é xusto que a comunidade que protexe e cuida do noso alumnado nestes tempos de crise epidemiolóxica poida participar, polo que abrímolo á avoa, ao pai, á madriña, aos amigos...

Trátase de microrrelato e hai que facelo en galego (a data límite será o 17 de maio, día das letras galegas, para que ninguén se esqueza). Este curso a temática será totalmente libre para non coartar a vosa creatividade. Para máis detalles (extensión, envío, premios, xurado...) consultade as seguintes bases.

ANIMÁDEVOS!!!!

BASES (preme aquí para coñecer as bases do certame)