Skip to Content

Que facemos?

Enquisas valoración OMQQ

ENQUISA ALUMNADO MULLER

ENQUISA ALUMNADO HOME

ENQUISA ALUMNADO SEN DEFINIR

Xordania, terra de acollida

 

Trala recollida do premio Vicente Ferrer en Madrid, o pasado 14 de novembro, celebrouse no instituto unha última xornada en relación coa experiencia formativa en Xordania, país ao que viaxaron dúas profesoras en representación do centro, para coñeceren en terreo varios proxectos de cooperación para o desenvolvemento que a AECID, a Agencia Española para la Cooperación Internacional y Desarrollo, promove en Oriente Medio.

Un Vicente Ferrer para o Pedra da Aguia

O IESP Pedra da Aguia acaba de ser recoñecido co Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento “Vicente Ferrer”, convocado pola Agencia Española de Cooperación Internacional, que recoñece o labor desenvolvido arredor da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable impulsada pola ONU. De entre os seus obxectivos, o alumnado escolleu a Igualdade e a desigualdade de xénero para traballar ao longo de seis meses desde o Plan Proxecta O Mundo que Queremos, que convoca a Consellería de Educación aquí en Galicia.

E chegou o día... Acto de clausura de O Mundo que Queremos!

Chegou o día e despois de tanto traballo e preparativos, só nos quedaba gozar do momento... E con máis ou menos nervios, o equipo de alumnado de O Mundo que Queremos fíxoo xenial! Un orgullo ver o ben que vos desenvolvedes! Explicar cada unha das actividades, acompañar ao resto de compañeiros e compañeiras do instituto por todo o centro para mostrarlles o voso traballo de todo un curso, coidar de que todo saíse ben... E como colofón final, Lara González e Érika Blanco facendo balance de todo o programa e convidando a toda a comunidade educativa a sumarse a eses pequenos xestos que fan posibles grandes cousas! O esforzo pagou a pena! As profesoras que guiamos o proxecto estamos moi orgullosas do voso resultado!

Parabéns a todos e todas vós! Se queres recordar todo o camiño, preme AQUÍ para o Prezi do acto de clausura... E se prefires ver un vídeo repaso dos mellores momentos, AQUÍ.

Curtametraxes para reflexións longas...

Despois dos obradoiros de vídeo, escribir o guión e converter o instituto en escenarios de gravación onde parte do alumnado fixeron de actores e actrices por un día, podemos mostrarvos o resultado! Non perdades ningunha das cinco curtas que saíron desta rapazada. Nunha curta cabe unha reflexión grande!

Velaquí as ligazóns de acceso á nosa canle de Youtube:

 

"TRANSFOBIA"   https://youtu.be/skMbLbcsFiU

"CAMBIEMOS O CONTO"    https://youtu.be/vAh0ThoRkss

"COIDA DA TÚA IMAXE SOCIAL"   https://youtu.be/V3N13ggjwFQ

"NUNCA SUBESTIMES"  https://youtu.be/627GUTRVJXg

"ORIXE"   https://youtu.be/MZrFo1Jzsrs

O noso programa de radio está a punto!

Velaquí o traballo realizado polo equipo de radio de O Mundo que Queremos do noso centro. O programa conta con varias seccións e moita ilusión. Nel escoitaredes as reflexións do alumnado sobre varios produtos culturais que consumimos habitualmente, como literatura ou música, para detectar as desigualdes de xénero polas que están atravesados... Pero a cousa non queda aí! Esta rapazada vénlle de dar unha volta a todo isto e facer propostas alternativas e inclusivas. Só queda escoitalo! Preme en PODCAST para escoitalo!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut