Skip to Content

Programa DAFIS

Carreira de campo a través en Cee!!

O pasado venres 11 de xaneiro, tivo lugar no estadio Sampaio de Refoxos de Cee unha carreira de campo a través no marco do programa DAFIS, que é unha ferramenta para mellorar a nosa condición física, promovida pola Consellería de Educación. Á carreira asistiron arredor de 800 persoas de distintos centros da volta. Entre eles, do IESP Pedra da Aguia de Camariñas asistiu o alumnado de 1º e 2º de ensinanza obrigatoria.

Moito alumnado correu para realizar unha actividade física, e outro para colaborar ademais cunha causa solidaria, como correr pola ONG Save the children. Todo o mundo levaba roupa axeitada para facer deporte e con aqueles dorsais... pareciamos verdadeiros profesionais!

A actividade desenvolveuse con normalidade grazas a un bo tempo inesperado que acompañou ao longo da xornada. Para ver a nosa reportaxe fotográfica, preme AQUÍ

Noticia de Pablo Rodríguez 1ºB

Existe realmente o xamón de York?

En clave de humor, as expertas en industria alimentaria Gemma del Caño e Marián García nos desvelan o misterio do xamón de York e nos aclaran as diferenzas co xamón cocido e cocido extra.

Non te perdas este divertido vídeo!

Entrevista a Gemma del Caño

“O problema non é o aceite de palma, senón o produto que o leva”.

Así o afirmaba a doutora en Farmacia e experta en nutrición Gemma del Caño, na entrevista publicada na Voz de Galicia o pasado mércores 21 de novembro.

Para ler a entrevista completa preme aquí

Contido de azucre en diferentes alimentos

Aproveitando que se están a celebrar as xornadas de almorzos saudables, recuperamos o traballo que fixeran Laura Sar e Noa Tedín para mostrar a cantidade de azucre presente en distintos alimentos. Á rapazada chámalle a atención que certos produtos coma os refrescos, os zumes de brick ou os iogures de sabores conteñan tanta cantidade desta substancia.

Preme aquí para ver algunhas fotos de como se elaborou este cartel.

Para reflexionar... repensa a túa despensa!

Almorzos saudables

Hoxe púxose en marcha unha novidosa experiencia gastronómica no noso IES. Baixo o lema “Repensa a túa despensa”, ofreceremos ao alumnado de 2º e 3º ESO (1º e 4º en próximos trimestres) distintas propostas de almorzos saudables, é dicir, equilibrados, completos e variados. Coñecerán a importancia de comezar o día cunha achega nutriticional adecuada ás actividades que desenvolven, desmitificarán crenzas obsoletas e poderán incorporar (esperemos!) o aprendido aos seus hábitos alimentarios.

TALLER DE XOGOS POPULARES

Para despedirnos do curso pensamos organizar unha xornada lúdica o último día de clase. Dándolle voltas á cabeza tivemos unha ocurrencia: por qué non xogar como xogaban os nosos avós?. Daquela poderíamos retalos a algún deles a unha partidiña durante o verán!... Procuramos materiais por aquí e por alá, soldamos algún ferro que outro, fixemos algunha virutiña de madeira e por fín,  xuntamos aparellos para poder practicar algúns destes xogos: o aro, o pano, a chave, as chapas, a petanca, o tiracoios, os zancos, o buxaina. Foi divertido lembrar e recuperar estas actividades!...

Distribuir contido


by Dr. Radut