Este venres día 5 de abril o alumnado de 3º da ESO realizou o taller de Educación Afectivo - Sexual impartido por Quérote +, cos seguintes obxectivos:
- Crear un espazo de reflexión sobre a influencia das nosas emocións no noso comportamento.
- Contribuír a ter unha actitude de cultivo cara á sexualidade.
- Expoñer a sexualidade coma unha fonte de diversidade e riqueza.
- Analizar as fontes de información arredor da sexualidade.
- Subliñar a importancia do bo trato e dunhas relacións sas.
- Coñecer a anatomía e fisioloxía sexual humana.
- Informar sobre os diferentes métodos de protección e ITS.