Ola a todos e todas,
Nesta semana que vai do luns 16 ao venres 20 de marzo, temos as tarefas que seguen:
· - Ler a Ficha de Pronomes_Formas_Contracción. Tédela no arquivo anexado.
· - Facer os exercicios que nela aparecen.
· - Facer a ficha “Práctica_pronomes”. Tamén anexada.
· Reforzar todo o traballado dos pronomes na páxina web de ogalego.eu e dentro dela na sección pronomes. Este é o enlace directo: https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/pronome.htm
*Nela podedes traballar todo os puntos que tratamos e autoavaliarvos.
Debedes entregar todo como data límite o venres 20 marzo –día incluído–.
Tomarei nota de quen entreguedes o traballo e de quen non. A vindeira semana publico o solucionario para poder corrixir a práctica, xunto con novas tarefas.
Opcións de entrega das tarefas:
1. - Feitas na libreta e a través de fotos enviarmas vía correo electrónico.
2. - Feitas no propio documento Word –que envío en aberto para poder traballar nel- ou en PDF; para logo enviarmas vía correo electrónico.
Correo electrónico de entrega: maneiroxemma@gmail.com
Condicións para facerdes as tarefas:
· Empregar sempre a bolígrafo de calquera cor –agás vermello–. Os tiles deben estar escritos nitidamente, é dicir, que non leven a confusión.
· Os exercicios teñen que estar completos, enunciados incluídos.
Bo traballo e forza!!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Pronomes_Formas_Contraccións (II).doc | 64.5 KB |
Pronomes_Formas_Contraccións (II).pdf | 277.35 KB |
Práctica_pronomes.doc | 51 KB |
Práctica_pronomes.pdf | 175.96 KB |