Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Xuño 30, 2023
Start: 30/06/2023 12:37

 

ANDAINA DE CONVIVENCIA:

 

 

Unha vez máis, todo o alumnado e profesorado deste centro, puidemos gozar desta andaina compartindo vivencias nun entorno diferente ao habitual. Desta volta, seguimos un pequeño tramo da coñecida “Rota dos Faros”, comezando o percorrido ao pé do Faro de Cabo Vilano e concluindo no mesmo porto de Camariñas. Compartimos espectaculares vistas do litoral da Costa da Morte, da praia de Lago e da Capela da Virxe do Monte, onde gozamos dun xantar todos xuntos.

 

                                                                                                                      

                                                      

Start: 30/06/2023 14:07

   CULTIVO ECOLÓXICO:

 

          Unha das múltiples actividades desenvolvidas na materia de Hábitos Saudables foi a divulgación da práctica de cultivos ecolóxicos na instalación do invernadoiro do noso Centro. Plantamos, coidamos e recolectamos, toda unha experiencia!...

 

                               

Start: 30/06/2023 14:21

ALMORZOS SAUDABLES:

          A profesora de Proxecto Interdisciplinar de 1º de ESO, foi quen de desenvolver un taller de almorzos saudables ao longo de todo o curso. Conseguiu organizar aos dous grupos deste curso para ofrecer paulatinamente ao longo de todo o ano escolar, un almorzo saudable a cada un dos grupos-aula do resto do centro. Ao mesmo tempo impartiron aos comensais, recomendacións básicas para a súa confección.

       

Start: 30/06/2023 19:19

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS.-“XOGADE” (Campionato comarcal):

          Todo o alumnado de 1º e de 2º de ESO asistiu a este evento deportivo celebrado o dia 10 de xaneiro, nas inmediacións das instalacións do Estadio de Fútbol Sampaio de Refoxos, na localidade de Cee. Gozamos de ver en movemento a alumnado de todas as idades de toda a comarca.

                                     

O importante é participar, pero si gañas, mellor aínda!… Os equipos infantil e cadete masculinos do noso centro, clasificáronse para a fase intercomarcal. Parabens!.

 

                                                    

Start: 30/06/2023 19:32

 

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS.-“XOGADE” (Campionato Inter- Comarcal):

          Os 12 alumnos clasificados na fase anterior, asistiron á vila de Noia o día 15 de Febreiro para celebrar o Campionato Inter-comarcal, en disputa con alumnado de centros da metade oeste da provincia de A Coruña. Participaron intensamente; tanto, que foron quen de clasificarse para o campionato provincial. Nesta ocasión, un alumno da categoría cadete e o equipo infantil formado por seis alumnos, tiveron o merecido recoñecemento.

 

 

                   

Start: 30/06/2023 19:44

 

 

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS.-“XOGADE” (Campionato Provincial):

          Finalmente, os 7 alumnos clasificados na fase anterior, asistiron ao Campionato Provincial celebrado na Localidade de Pazos, en Ferrol, o día 10 de marzo. Este evento celebrouse nas instalacións do “Círculo Mercantil e Industrial Club de Campo” e, para ledicia de todos, o único participante da categoría Cadete acadou o 4º posto da clasificación final; o equipo infantil pola sua banda, proclamouse Campión Provincial da categoría Masculina. Todo un fito no noso Centro.

               

 

Start: 30/06/2023 20:00

PROGRAMA “ALIMÉNTATE BEN”:

          Seguimos a desenvolver o programa “Aliméntate ben” promovido pola Xunta de Galicia, en dúas das catro vertientes das que dispón este programa: “Froita na Escola” e “Leite na Escola”. En cada unha destas variantes estimulamos un maior consumo de froitas frescas ou de productos lácteos entre o noso alumnado durante os tempos de lecer.

               

Start: 30/06/2023 20:13

 

ANÁLISE DA COMPOSICIÓN DE ALIMENTOS:

 

          As profesoras de Bioloxía e de Química, en colaboración có alumnado de 3º da ESO, levaron a cabo un taller práctico no que se pretendía promover a observación sobre o contido de azucres engadidos e excitantes en diversos alimentos habituais na nosa inxesta diaria. Ao mesmo tempo, reflexionar sobre a conveniencia da inxesta destes alimentos.

 

                                    

 

  

                                    

 

Start: 30/06/2023 21:49

TALLER DE RELAXACIÓN:

 

          Contando con persoal externo ao centro, levamos a cabo un taller de relaxación de cinco sesións de duración para cada un dos grupos-aula do centro. Mediante actividades xogadas tratouse de concienciar ao alumnado na necesidade do autocontrol persoal e os beneficios que esto reporta no benestar físico, psicolóxico e emocional.

 

                        

Start: 30/06/2023 21:58

ACTIVIDADES DE ORATORIA:

            Entendendo a saúde como un benestar físico, social e emocional, comprenderemos que as habilidades comunicativas traballadas na materia de Oratoria, tamén forman parte dos hábitos saudables a promover entre o noso alumnado.

           A oratoria é , por tanto, unha materia que ten moito que ver co coñecemento, mais tamén coa observación e atención a como se expresa o outro e como relacionarnos de forma máis harmónica.

          Melloramos a convivencia grazas ao traballo coa nosa comunicación verbal e xestual, aprendendo a diferenciar os estilos comunicativos, expresando as ideas, as emocións e os sentimentos propios de forma asertiva.

 

          Fixeron exercicios de práctica oratoria individual, foxe con discursos persuasivos ou motivadores; debates grupais, aprendendo a defender argumentos lóxicos e fundamentados en ideas non necesariamente nosas e adecuadas a cada situación e a cada receptor.

          Aprendemos a escoitar e a escoitarnos.

                       

Start: 30/06/2023 22:10

TORNEO DE FÚTBOL SAA FEMININO:

          A peculiaridade deste torneo é incentivar a participación femenina neste tipo de eventos deportivo. Coseguimos animar ao colectivo femenino de 1º de ESO para celebrar encontros de fútbol entre os dous grupos-aula deste curso. Esperamos darlle continuidade a esta iniciativa en próximas edicións.

 

           

Start: 30/06/2023 22:20

ACTIVIDADE DE IOGA:

          A profesora de Hábitos Saudables, desenvolveu un taller de iniciación a ioga có seu alumnado de 2º de ESO. A intención de fondo foi elevar a concienciación sobre o noso autocontrol e os beneficios que reporta sobre o noso benestar.

 

                          

Start: 30/06/2023 22:28

DIVULGACIÓN DE XOGOS TRADICIONAIS

          Intermitentemente ao longo do curso, fomos aproveitando diversos momentos de lecer e/ou de pouca carga “académica”, para ir introducindo ao alumnado na práctica de xogos tradicionais. Os máis practicados foron o xogo da chave, a petanca e o xogo do aro-guía.

 

                          

Start: 30/06/2023 22:35

RECREOS ACTIVOS:

Conscientes do incremento progresivo do sedentarismo na sociedade actual, o departamento de Educación Física está a tratar de adquirir constantemente novos materiais deportivos e de ofertar variadas posibilidades de uso das instalacións e espazos lúdicos dispoñibles coa intención de enriquecer as opcións de práctica deportiva do noso alumnado. Nesta liña, nos tempos de lecer ofertamos opcións moi diversas de prácticas físicas como actividades rítmicas, patinaxe, frontenis, bádminton, tenis de mesa, palas, hockey, baloncesto, voleibol….e incluso, fútbol !.

          

 

                                     

Start: 30/06/2023 22:46

PROGRAMA “O MAR NA ESCOLA”:

          Un privilexio distinguido poder gozar desta actividade de iniciación aos deportes e actividades de vela. Desenvolveuse en horario lectivo ao longo de 12 sesións do segundo e terceiro trimestres e dirixidas ao alumnado de 1º de ESO. Os instructores forman parte da Escola Municipal de Vela e contouse coa colaboración do Concello de Camariñas para a cobertura de recursos materiais e de transporte.

                        

Distribuir contido


by Dr. Radut