Skip to Content

Venres 17 de febreiro: visita ao EEI de Taboexa


O pasado 17 de febreiro o alumnado de 1° ESO foi visitar a EEI de Taboexa, nunha actividade intercentros para o coñecemento da contorna.

Venres 24 de febreiro: Recital sobre a Poesía Galega


O pasado venres 24 o alumnado de 2º ESO asistiu a un recital sobre poesía galega a cargo do grupo Trobar-dos, para celebrar o Día de Rosalía de Castro.

Venres 24 de febreiro: Actividade sobre Xosé Gil


O IES Pazo da Mercé realizou unha visita á Praza do Concello de As Neves para aprender un pouco sobre a figura de Xosé Gil, o primeiro director de cine galego.

Xoves 23 de febreiro: Saída do alumando de portugués a Melgaço


O alumnado de 1º, 2º e 3º ESO do IES Pazo da Mercé realizou unha saída a Melgaço para visitar o Espazo da Memoria e Fronteira e o Museo do Cine. Pola tarde disfrutaron dunha visita guiada e un percorrido no Parque Nacional Peneda Gerés e Porta de Lamas de Mouro

Martes 14 de febreiro: Inglés a través da Televisión


O alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato asistiu a unha charla, impartida por Cristina Mourón Figueroa, sobre a evolución da cultura británica a partir de películas e series de televisión relacionadas con momentos históricos do Reino Unido, como a época romana, anglosaxona ou mesmo as loitas da idade media.

Luns 13 de febreiro: RCP básica e uso do desfibrilador


Charla/ obradoiro de primeiros auxilios co alumnado de ciclos e FP basica.

Distribuir contido


by Dr. Radut