O profesor Ricardo Cao, do departamento de matemáticas da Universidade da Coruña, explicou ó alumnado de 3º da ESO sobre a importancia da estatística dentro das matemáticas e aportou diferentes exemplos da utilidade da estatística na nosa vida cotiá.
A Universidade de Santiago, por medio de José Manuel Monterroso Montero, informou ó alumnado de 1º e 2º de Bacharelato sobre o proceso selectivo da ABAU e resolveu posibles dúbidas con respecto a este tema.
Hoxe celebramos o día da Paz cunha homenaxe a Martin Luther King. Para isto o alumnado de FP Básica fixeron uns Timeline e penduraron os seus traballo feitos para celebrar este día a continuación:
Fraxilidade. Ferida. Cicatriz. Coidar para suturar(se), para recuperar(se), para rexenerar(se)... dende a sororidade, os afectos e a forza. Habitar a 'fenda' como acción reivindicativa.
O alumnado de 1º e 2º de bacharelato fixo unha primeira toma de contacto coa universidade de Santiago de Compostela, onde se dividiron para realizar diversos itinerarios por varias facultades e recibir información relevante con respecto a estudos de grado universitario. Pola tarde visitaron a Catedral de Santiago de Compostela.