O alumnado de 1º e 2º da FPB fixo un roteiro polo camiño dos pescadores, do Concello das Neves, co obxectivo de procurar información sobre a natureza e historia da nosa comarca para empregarlo nun traballo investigativo da unidade de reprografia do módulo de Ofimática.
O alumnado de 2º e 3º de ESO recibiu unha charla da guarda civil contra a violencia de xénero, poñendo de relevancia as situacións nas que se produce este tipo de conductas e concienciando da visualización dos diferentes xeitos nas que ocorre.
O alumnado de 1º de ESO recibiu a charla dun especialista en informática dentro do programa "Navega con Rumbo", que está encamiñado a informálos de cara a unha navegación segura, tentando evitar que sexan víctimas de conductas coma o ciberacoso ou outros riscos da rede